Amphetamine Reptile Records

selo discográfico estadounidense

Amphetamine Reptile Records (ou AmRep Industries) é un selo discográfico independente estadounidense fundado en 1986 por Tom Hazelmyer no estado de Washington. A etiqueta é coñecida polos seus artistas da escena noise rock e pola súa serie de recompilatorios Dope, Guns 'n' Fucking In The Streets.

Amphetamine Reptile Records
Fundado en1986
FundadorTom Hazelmyer
Xénero(s)noise rock
OrixeEstados Unidos
LocalizaciónMinneapolis, Minnesota
amphetaminereptile.com

Hazelmyer orixinalmente creou o selo para editar discos do seu grupo, Halo of Flies. Finalmente os artistas do selo aumentaron para incluír edicións de Helmet, The Melvins, The Cows, Helios Creed, Chokebore ou Servotron entre outros. Hazelmyer posteriormente trasladou o selo a Minneapolis.

Artistas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar