Among Us
Erro de Lua: not enough memory.
Among Us é un videoxogo multixogador en liña desenvolvido pola compañía estadounidense InnerSloth, distribuído o 15 de xuño de 2018 nas plataformas de Android e iOS, e meses máis tarde para ordenador. A sinopse do xogo xira arredor dun grupo de tripulantes dunha nave espacial que deben arranxar e supervisar o funcionamento da nave, ao mesmo tempo que pescudan aos «impostores» que tentan sabotar a nave e asasinalos durante cada partida.[1]
Malia que saíu ao mercado en 2018, o seu éxito xurdiu en 2020 (dous anos despois do seu lanzamento) grazas aos vídeos publicados por streamers de Twitch e youtubers, nos que se comparten partidas do xogo.[2] Debido a isto, o 17 de setembro de 2020 rexistráronse máis de 85 millóns de descargas en dispositivos móbiles. Segundo a empresa Sensor Tower, só nos Estados Unidos alcanzou 20 millóns de descargas e no Brasil roldou as 16 millóns, sumadas ás case 7 millóns de México, sumando entre estes tres países máis da metade das descargas.[3]
NotasEditar
Véxase taménEditar
Erro de Lua: not enough memory.
Ligazóns externasEditar
- Páxina oficial (en inglés)
Erro de Lua: not enough memory.Erro de Lua: not enough memory.Erro de Lua: not enough memory.