A dos amblipixios (Amblypygi) é unha orde de artrópodos quelicerados da clase dos arácnidos.

A orde está composta por unhas 136 especies que viven tipicamente en zonas intertropicais de América, África e Asia, agás dúas especies (Charinus ionnaticus Kritscher, 1959 e Sarax mediterraneus Delle Cave, 1986) que se en contran en Grecia (illas de Rodas e Kos).[1]

A pesar do seu aspecto agresivo e apia de arañas, son totalmente inofensivos xa que carecen de veleno.

A característica máis peculiar é a forma do primeiro par de patas, moito máis longo que os demais, e que ten función táctil.

Morfoloxía editar

 
Anatomía externa dun amblipixio, segundo Pocock (1900).[2]
 
Damon diadema.

O seu tamaño oscila entre os 0,4 e os 4,5 cm. Teñen o corpo deprimido e de cor castaño que mostra dous tagmas ou rexións diferenciadas, o prosoma e o opistosoma, que están separadas por unha estreita cintura.

O prosoma é ancho e aplanado, en forma de escudo, e presenta dous ollos centrais e outros tres a ambos os lados, próximos á marxe frontal; porén, algunhas especies carecen de ollos.

O opistosoma consta de 12 segmentos. O orificio xenital ábrese no segundo esternito e está cuberto por un grande opérculo, baixo o cal tamén desemboca o primeiro par de órganos respiratorios (filotraqueas), mentres que o segundo par se abre no terceiro esternito.

Os quelíceros son similares aos dos araneidos, cun artello final en forma de uña, pero sen glándula velenosa e cun órgano estridulador na súa cara interna. Os pedipalpos son grandes, moi aparentes, e están provistos de numerosas espiñas que lle dan ao animal un aspecto temíbel.

O primeiro par de patas é extraordinariamente longo (até 30 cm), e de aparencia anteniforme, coa tibia e o tarso multiarticulados; a súa función non é locomotora senón táctil e quimiorreceptora; estas patas sempre están dirixidas cara a adiante e cara aos lados, e van palpando continuamente o terreo; teñen grande importancia para a localización das presas, xa que os amblipixios cazan de noite. O tarso pode pregarse sobre as espiñas da tibia, e utilízano para cazaren súas presas e como mecanismo de defensa.

Os outros tres pares de patas son marchadoras e tamén considerabelmente longas, aínda que non tanto como as do primeiro par.

Ecoloxía e bioloxía editar

Os amblipixios son lucífugos e nocturnos, refuxiándose durante o día debaixo de pedras, en ocos das rochas ou baixo a codiaa das árbores. Pola noche deambulan en busca de presas (principalmente cascudas, saltóns e térmites), tenteando continuamente o contorno coas súas patas sensoriais; unha vez localizada a presa captúrana cos pedipalpos e perfórana cos quelíceros, succionando os seus fluídos corporais.

Cando se os molesta inmobilízanse, pero tamén poden correr moi rápido se son acosados. Moitas especies viven en covas, onde se lsitúan nas paredes e no teito.

A maioría dos amblipixios son hidrófilos e poucas especies resisten moito tempo en ambiantes secos; beben auga e probabelmente perciben a súa presenza con algún tipo de seda sensorial.

A femiaa transporta a posta (até 60 ovos) na parte ventral do opistosoma. Cando nacen as crías, estas gabean ao dorso do opistosoma e son transportadas pola nai até a primeira muda, tras a que se dispersan e fan vida independente.

Taxonomía editar

Descrición editar

A orde foi descrita en 1883 polo aracnólogo sueco Tord Tamerlan Teodor Thorell,[3] no seu artigo "Descrizione di alcuni Aracnidi inferiori dell'Arcipelago Malese". Annali del Museo Civico di Storia Naturale di Genova 18: 21-69.

Etimoloxía editar

O nome científico Amblypygi estrá formado polos elementos do latín científico ambly- e -pygi, tirados do grego antigo ἀμβλύς amblýs, "débil", "frouxo", "sen vigor", e πυγή pygḗ, "nádega", "cola", coa desinenia -i indicando plural.

Clasificación editar

 
Detalle do prosoma de Damon diadema.

 
Phrynus mexicanus.

A orde dos amblipixios subdivídese en dúas subordes,[3] coas infraordes, superfamilias e familias seguintes:[4]

Orde Amblypygi Thorell, 1883

Infraorde Charinina Weygoldt, 1996 [4]
Superfamilia Charinoidea Quintero, 1986 [6]
Familia Charinidae (51 especies)
Infraorde Neoamblypygi Weygoldt, 1996 [4]
Superfamilia Charontoidea Simon, 1892 [7]
Familia Charontidae (12 especies)
Superfamilia Phrynoidea Blanchard, 1852 [8]
Familia Phrynichidae (36 especies)
Familia Phrynidae (59 especies)
Superfamilia Paracharontoidea Weygoldt, 1996 [4]
Familia Paracharontidae Weygoldt, 1996 [10] (1 especie)

Filoxenia editar

Coñécense amblipixios fósiles desde o carbonífero superior (hai uns 300 millóns de anos).[11]

Todos os estudos recentes sobre a filoxenia doa Arachnida apoian a monofilia do clado formado por Araneae, Amblypygi, Schizomida e Uropygi. Dito clado denominouse de diferentes modos (Caulogastra, Megoperculata, Arachnidea), aínda que o nome máis usado é o de Tetrapulmonata, que fai referencia á súa principal característica común, a presenza de dous pares de filotraqueas (pulmóns en libro) (ás veces modificadas ou reducidas secundariamente); outras sinapomorfías son a presenza dun estreitamiento (pedicelo ou cintura) entre prosoma e opistosoma, un estómago succionador postcerebral e quelíceros en forma de navalla pregábel.[12]

As relacións dos Amblypygi cos demais Tetrapulmonata aínda non están claras. As análises de datos morfolóxicos tenden a acercalos aos Araneidos, no clado Labellata (cladograma A). Porén, os datos moleculares sosteñen que os amblipixios estarían máis relacionados con uropixios e esquizómidos, formando o clado dos Pedipalpi (cladograma B):

Tetrapulmonata
Labellata
___

Araneae

Amblypygi

Uropygi

Schizomida

A
Tetrapulmonata

Araneae

Pedipalpi
___

Amblypygi

___

Uropygi

Schizomida

B

Diversas análises filoxenéticas coinciden en que o grupo irmán dos Tetrapulmonata son os Palpigradi.

Notas editar

  1. Chapman, A. D. (2009): Numbers of Living Species in Australia and the World, 2nd edition. Australian Biodiversity Information Services ISBN 978-0-6425-6861-8.
  2. Pocock, R. I., 1900. Fauna of British India. Arachnida.
  3. 3,0 3,1 Amblypygi Thorell, 1883 no ITIS.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Weygoldt, P. (1996): "Evolutionary morphology of whip spiders: towards a phylogenetic system (Chelicerata:Arachnida: Amblypygi)". Journal of Zoological Systematics and Evolutionary Research, 34: 185–202.
  5. Euamblypygi Weygoldt, 1996 no ITIS.
  6. Charinoidea Quintero, 1986 no ITIS.
  7. Charontoidea Simon, 1892 no ITIS.
  8. Phrynoidea Blanchard, 1852 no ITIS.
  9. Paleoamblypygi Weygoldt, 1996 no ITIS.
  10. Paracharontidae Weygoldt, 1996 no ITIS
  11. Dunlop, J. A. & Barov, V. (2005): "A new fossil whip spider (Arachnida: Amblypygi) from the Crato Formation of Brazil". Revista Ibérica de Aracnología, 5: 53−62.
  12. Dunlop, J. A. (1999): "Pasando revista a la evolución de los Quelicerados". Bol. SEA, 26: 255-272.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar