Amaranthus deflexus
Amaranthus deflexus | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
|
Amaranthus deflexus é unha especie herbácea pertencente á familia das amarantáceas.
Descrición
editarÉ unha especie cunha curta vida perenne ou anual. A planta pode medrar ata 0,5 m de altura. É unha planta perenne que normalmente está prostrada, que dentro do xénero pertence ao grupo de especies cuxo froito é indehiscente, diferenciándose dentro do grupo polos seus froitos lisos, sendo a semente moito máis pequena que a cavidade do froito. A maioría das flores son dímeras, dispostas en espigas terminais, e as follas son ovadas ou lanceoladas curtas.
Un híbrido natural de Amaranthus deflexus e Amaranthus muricatus foi descrito en Europa, e é coñecido como Amaranthus x tarraconensis.
- Distribución
É nativa de Suramérica, na Arxentina, Chile e o Perú pero introduciuse en moitas rexións cálidas ou tépedas do planeta.
- Hábitat
Crece mellor en zonas de maleza ou en hábitats perturbados.[1]
Taxonomía
editarAmaranthus deflexus foi descrito por Carl von Linné e publicado en Mantissa Plantarum 2: 295. 1771.[2]
- Etimoloxía
Amaranthus: nome xenérico que procede do grego amaranthos, que significa "flor que non murcha".[3]
deflexus: epíteto latino que significa "virado, dobrado".[4]
NOTA: Os nomes que presentan ligazóns son sinónimos noutras especies:
- Albersia deflexa
- Albersia prostrata
- Amarantellus argentinus
- Amaranthellus argentinus
- Amaranthus argentinus
- Amaranthus deflexus var. rufescens
- Amaranthus minor
- Amaranthus perennis
- Amaranthus prostratus
- Euxolus deflexus
- Euxolus deflexus var. ascendens
- Euxolus deflexus var. major
- Euxolus deflexus var. minor
- Euxolus deflexus var. rufescens
- Galliaria prostrata
- Glomeraria deflexa
Estudos
editar- Neste traballo preséntase un estudo da anatomía das follas de especies de malas herbas de gran ocorrencia no Brasil: Amaranthus deflexus, Amaranthus spinosus, Alternanthera tenella e Euphorbia heterophylla, visando mellor comprensión das barreiras que cada especie impón á penetración dos herbicidas e outros compostos utilizados en aplicacións foliares.[6]
Notas
editar- ↑ Distribución en Tropicos
- ↑ "Amaranthus deflexus". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 21 de outubro de 2012.
- ↑ Amaranthus en Flora de Canarias
- ↑ en Epítetos Botánicos
- ↑ GBIF Amaranthus deflexus
- ↑ "Estudos anatômicos de folhas de espécies de plantas daninhas de grande ocorrência no Brasil: IV - Amaranthus deflexus, Amaranthus spinosus, Alternanthera tenella e Euphorbia heterophylla. Planta daninha" 21 (2). 2003. Consultado o 21 de febreiro de 2019.