Amado Granell Mesado, nado en Borriana o 5 de novembro de 1898 e finado en Sueca o 12 de maio de 1972, foi un militar español do século XX. Participou na guerra civil española formando parte do Exército Republicano Español e pasou posteriormente ó norte de África, enrolándose na Lexión Estranxeira Francesa que combateu á Alemaña nazi durante a segunda guerra mundial.

Amado Granell
Nome completoAmado Granell
Nacemento5 de novembro de 1898
Defunción12 de maio de 1972 (73 anos)
Fidelidade España
Francia
Rama Exército Popular da República
Lexión Estranxeira Francesa
Servizo1922-23 / 1936-45
RangoTenente coronel do EPR
Tenente do AFL
Unidade49.ª Brigada Mixta
9.ª Compañía da 2.ª División Blindada
Batallas/GuerrasGuerra civil española
Segunda guerra mundial
Distincións Lexión de Honra

Encabezou a columna de vehículos da 9.ª Compañía da 2.ª División Blindada, coñecida como "La Nueve", que, integrada por republicanos españois, foi a primeira unidade militar aliada que entrou en París trala a súa ocupación pola Wehrmacht.[1] Por isto apareceu na portada do diario Libération ó seguinte día da Liberación de París, reunido co líder da resistencia francesa Georges Bidault e o prefecto do Sena, malia que no titular indicábase que fora o capitán Raymond Dronne «o primeiro francés que chegou ó Concello» de París.[2][3]

Notas editar

Todas as referencias en castelán agás cando se indique o contrario.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Torres, Rafael. El hombre que liberó París. Amado Granell y la última Batalla de la República. Ediciones Temas de Hoy, S.A., 2007. ISBN 8484606139 (en castelán)
  • Trilles, Basilio. El español de la foto de París. Inédita Editores, 2009. ISBN 8492400463. (en castelán)
  • García, Cyril. "El valencià que va alliberar París". Austrohongaresa de Vapors, sl. 2016. ISBN 8494519116. (en castelán)

 
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.