Amígdala cerebelosa

A amígdala cerebelosa (en latín tonsilla cerebelli) é un lobo redondeado da superficie inferior de cada hemisferio cerebeloso, que se continúa medialmente coa úvula do vermis cerebeloso e superiormente co lóbulo floculonodular. Por tanto, hai dúas destas amígdalas, unha en cada hemisferio.

Vista anterior do cerebelo coa amígdala visible no centro dereita.
Sección sexital do cerebelo, preto da unión entre o vermis e o hemisferio. (a amígdala é visible abaixo no centro.)
Superficie inferior do cerebelo coa amígdala sinalada como tonsil.

O lobo flocculonodular do cerebelo, que tamén pode confundirse coa amígdala cerebelosa, é un dos tres lobos que constitúen a composición total do cerebelo. O cerebelo consta de tres lobos anatómicos e funcionais: anterior, posterior e floculonodular.

A amígdala cerebelosa forma parte do lobo posterior, tamén chamado neocerebelo, que é responsable de coordinar o movemento voluntario das partes distais das extremidades.[1]

A elongación das amígdalas cerebelosas pode, debido á presión, facer que esta porción do cerebelo se deslice ou sexa empurrada a través do foramen magnum do cranio, orixinando unha hernia tonsilar. Esta é unha condición que pode ser mortal, xa que causa un incremento de presión no bulbo raquídeo, que contén os centros de control respiratorios e cardíacos. Unha condición conxénita de hernia tonsilar dunha ou dúas das amígdalas cerebelosas é a chamada malformación de Chiari.

Patoloxía

editar

Unha mlformación de Chiari de tipo I é unha anomalía conxénita do encéfalo no que as amígdalas cerebelosas están alongadas e empurradas a través da abertura da base do cranio (foramen magnum), bloqueando o líquido cefalorraquídeo que sae polas aberturas medial e lateral do cuarto ventrículo. Tamén se chama ectopia tonsilar cerebelosa ou hernia tonsilar. Aínda que adoita ser conxénita, os síntomas da malformación de Chiari poden tamén ser inducidos por traumas físicos na cabeza, normalmente pola elevación da presión intracranial despois dun hematoma, ou un incremento da tensión dural que empurra o cerebro en dirección caudal cara ao foramen magnum. O trauma cranial incrementa o risco de ectopia tonsilar cerebelosa, multiplicándoo por catro. A ectopia pode estar presente pero ser asintomática ata que un latigazo cervical causa que se faga sintomática.[2]

Este artigo incorpora texto en dominio público da páxina 791 da 20ª edición de Gray's Anatomy (1918)

  1. Mavridis, I (2014). "Gross and neurosurgical anatomy of the cerebellar tonsil.". Semantic Scholar. Consultado o 1 de abril de 2022. 
  2. Freeman, MD (2010). "A case-control study of cerebellar tonsillar ectopia (Chiari) and head/neck trauma (whiplash).". Brain Injury 24 (7–8): 988–94. PMID 20545453. doi:10.3109/02699052.2010.490512. 

 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.