Lobo anterior (cerebelo)

O lobo anterior ou lóbulo anterior é un dos tres lobos do cerebelo. Sitúase por diante da fisura prima e abrangue parte da cara anterior e parte da cara superior.[1] Subdivídese en:

  • Língula, que é a porción máis anterior do vermis e se une ao veo medular superior.
  • Lobuliño central, que se sitúa xusto por encima da língula e se prolonga a ambos os lados mediante as ás do lobuliño central. A fisura que o separa da língula recibe o nome de fisura precentral.
  • Culmen, que é a porción máis cranial de todo o vermis e se asocia lateralmente coa porción anterior dos lobuliños cuadrangulares. A fisura que o separa do lobuliño central denomínase poscentral.
Lobo anterior
Representación esquemática cos lobos do cerebelo.
Gray's pág.791

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Notas editar

  1. Frank H. Netter, MD. Atlas of Human Anatomy, 4º Edición; 2007