Lobo posterior (cerebelo)

Lobo posterior
CerebellumDiv.png
Representación esquemática cos lobos do cerebelo.
Gray's asunto #187 791

O lobo posterior ou lóbulo posterior é un dos tres lobos do cerebelo. Sitúase por diante da fisura prima e abrangue parte da cara anterior e parte da cara superior.[1]

SubdivisiónsEditar

O lobo posterior do cerebelo subdivídese en:

  • Declive, que descende desde o culmen cara a atrás e se asocia lateralmente ao lobuliño simple ou porción inferoposterior do lobuliño cuadrangular.
  • Folium ou folla do vermis, que é unha estreita lámina de unión entre os lobuliños semilunares superiores (ou anseriformes; esquerdo e dereito.
  • Túber ou tubérculo do vermis, que se asocia lateralmente aos lobuliños semilunares inferiores e aos lobuliños gráciles (delgados ou paramedianos; e se sitúa xusto por debaixo da fisura horizontal que o separa do folium.
  • Pirámide do vermis, que se sitúa por diante do túber e se asocia cos lobuliños digástricos esquerdo e dereito. A fisura que a separa do túber chámase prepiramidal e a que a separa da úvula chámase pospiramidal ou secundaria.
  • Úvula do vermis, que se encontra entre as dúas amigdalas cerebelosas xusto por encima da pirámide.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

NotasEditar

  1. Frank H. Netter, MD. Atlas of Human Anatomy, 4º Edición; 2007