Alphonsus é un cráter de impacto lunar, situado na cara visible da Lúa, nas coordenadas lunares 13,4º S, 2,8º O. Ten un diámetro de 119 km e unha profundidade de 2,7 km.

O cráter Alphonsus, situado no centro á dereita. Fotografía tomada polo Ranger 9.

O seu nome (ou epónimo) foi oficialmente adoptado pola Unión Astronómica Internacional (UAI) en 1935,[1][2] en referencia ao astrónomo Afonso X o Sabio, máis coñecido por ter sido rei de Castela e León.[3]

Aspectos xeolóxicos editar

O fondo do cráter Alphonsus, que é notabelmente plano e está sementado de pequenos cráteres, ten un pico central e unha longa greta que corre case paralela á parede oriental. Con todo, a característica máis importante de Alphonsus, desde o punto de vista xeolóxico, son varias manchas escuras formadas por depósitos piroclásticos.

Cráteres interiores editar

Cinco diminutos cráteres ao nordeste da superficie interior de Alphonsus foron designados pola Unión Astronómica Internacional (UAI). Móstranse na táboa seguinte.

Cráter Coordenadas lunares Diámetro Orixe do nome
Chang-Ngo 12°42′S 2°06′O / -12.7, -2.1 3 km Nome feminino chinés[4]
José 12°42′S 1°36′O / -12.7, -1.6 2 km Nome masculino español
Monira 12°36′S 1°42′O / -12.6, -1.7 2 km Nome feminino árabe
Ravi 12°30′S 1°54′O / -12.5, -1.9 2,5 km Nome masculino hindi
Soraya 12°54′S 1°36′O / -12.9, -1.6 2 km Nome feminino persa

Cráteres satélites editar

Por convención estas características identifícanse nos mapas lunares localizando a letra no punto medio do bordo do cráter nas proximidades do cráter Alphonsus.[5]

Alphonsus Latitude Lonxitude Diámetro
A 14,8° S 2,3° O 4 km
B 13,2° S 0,2° O 24 km
C 14,4° S 4,8° O 4 km
D 15,1° S 0,8° O 23 km
G 12,3° S 3,3° O 4 km
H 15,6° S 0,5° O 8 km
J 15,1° S 2,5° O 8 km
K 12,5° S 0,1° O 20 km
L 12,0° S 3,7° O 4 km
R 14,4° S 1,9° O 3 km
X 15,0° S 4,4° OW 5 km
Y 14,7° S 1,8° O 3 km

Notas editar

  1. Moon nomenclature - Crater. Consultada o 28 de outubro de 2016.
  2. Gazetteer of Planetary Nomenclature Arquivado 28 de decembro de 2016 en Wayback Machine.. Consultada o 28 de outubro de 2016.
  3. Ficha do cráter lunar "Alphonsus", na Gazeteer of Planetary Nomenclature Arquivado 23 de setembro de 2006 en Wayback Machine.. Consultada o 28 de outubro de 2016.
  4. Véxase tamién Chang'e, a deusa chinesa.
  5. Jonathan McDowell (2004): Lunar Nomenclature, Lista completa dos cráteres lunares. Consultada o 28 de outubro de 2016.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Charles Coulston Gillispie, editor in chief (1970 e ss.): Dictionary of Scientific Biography. Nova York: Charles Scribner's Sons. 16 vols. (Ver vol. 9, 1981).

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar