Alpheus Spring Packard
Alpheus Spring , tamén coñecido como Alpheus Spring Packard Jr. para distinguilo do seu pai, nado o 19 de febreiro de 1839 en Brunswick, Maine, e finado o 14 de febreiro de 1905 en Providence, Rhode Island, foi un entomólogo, paleontólogo, profesor universitario estadounidense (e tamén cirurxián na guerra civil).
A. S. Packard contra 1888 | |
Nome orixinal | Alpheus Spring Packard Jr. |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 19 de febreiro de 1839 Brunswick, Maine |
Morte | 14 de febreiro de 1905 Providence, Rhode Island |
Lugar de sepultura | Cemitério de Mount Auburn (pt) |
País de nacionalidade | estadounidense |
Educación | Bowdoin College Universidade Harvard |
Actividade | |
Ocupación | entomólogo, paleontólogo, profesor universitario |
Empregador | Universidade Brown |
Membro de | |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Packard |
Abreviatura do autor en zooloxía | Packard |
Familia | |
Pais | Alpheus Spring Packard Sr. e Frances Appleton |
Irmáns | Charles, George e William Alfred Packard |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Obálky knih, The Nuttall Encyclopædia >>>:Packhard |
Traxectoria
editarPackard era fillo de Alpheus Spring Packard Sr. e irmán de William Alfred Packard. Foi profesor de Zooloxía e Xeoloxía na Universidade Brown en Providence, Rhode Island, desde 1878 até a súa morte. Destacou como un dos defensores do neolamarckismo durante a eclipse do darwinismo.[1]
O seu traballo principal foi a taxonomía e a anatomía dos artrópodos, e as achegas á entomoloxía económica, á zooxeografía e á filoxenia e metamorfoses dos insectos. Packard foi nomeado para a Comisión Entomolóxica dos Estados Unidos en 1877, onde serviu con Charles Valentine Riley e Cyrus Thomas.[2]
Escribiu libros de texto escolares, como Zoology for High Schools and Colleges (undécima edición, 1904). A súa Monograph of the Bombycine Moths of North America publicouse en tres partes (1895, 1905 e 1915).
En 1878 foi elixido membro da American Philosophical Society.[3]
Packard describiu máis de 500 novas especies animais, especialmente bolboretas e avelaíñas, e foi un dos fundadores da revista The American Naturalist.[4]
Morte
editarAlpheus Spring Packard Jr. faleceu en Providence, Rhode Island o 14 de febreiro de 1905.
Algunhas obras
editar- Report on the insects collected on the Penobscot and Alleguash Rivers, during August and September, 1861, Sixth Annual Report of the Secretary of the Maine Board of Agriculture, Augusta, Maine (pp. 373-376) (1861)
- Guide to the Study of Insects (1869; third edition, 1872)
- The Mammoth Cave and its Inhabitants (1872), with F. W. Putnam
- Life-History of Animals (1876)
- A Naturalist on the Labrador Coast (1891)
- Lamarck, the Founder of Evolution: His Life and Work (1901), Tradución ao francés en 1903.
- Alpheus Spring Packard (1886). First Lessons in Zoology: Adapted for Use in Schools …. Holt.
Abreviatura
editarA abreviatura Packard emprégase para recoñecer a Alpheus Spring Packard como autoridade na descricón e taxonomía e zooloxía.
Notas
editar- ↑ Sorenson 1995.
- ↑ Mallis 1971.
- ↑ "APS Member History". En search.amphilsoc.org.
- ↑ Cockerell 1920.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alpheus Spring Packard |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Alpheus Spring Packard |
Bibliografía
editar- Cockerell, T. D. A. (1920). "Biographical Memoir of Alpheus Spring Packard 1839-1905" (PDF). Biographical Memoirs of the National Academy of Sciences 9: 181–236.
- Essig, E. O. (1931). A History of Entomology. MacMillan Company. pp. 727-729.
- Henshaw, Samuel (1887). The Entomological Writings of Dr. Alpheus Spring Packard. U.S. Department of Agriculture, Division of Entomology. p. 5.
Alpheus Spring Packard.
- Mallis, Arnold (1971). American Entomologists. Rutgers University Press. pp. 296–302. ISBN 0-8135-0686-7.
- Mead, A. D. (1918). "Alpheus Spring Packard (1839-1905)". Proceedings of the American Academy of Arts and Sciences 53 (10): 848–850. JSTOR 25130026.
- Sorenson, W. Conner (1995). Brethren of the Net: American Entomologists, 1840-1880. University of Alabama Press.
- Sterling, Keir B., ed. (1997). "Packard, Alpheus Spring Jr.". Biographical Dictionary of American and Canadian Naturalists and Environmentalists. Greenwood Press.