Alpheus Spring Packard Sr.

Alpheus Spring Packard, tamén coñecido como Alpheus Spring Packard Sr. para non confundilo cun dos seus fillos co mesmo nome, nado o 23 de decembro de 1798 e finado o 13 de xullo de 1884 foi un académico estadounidense que foi profesor durante máis de 40 anos no Bowdoin College.[1]

Infotaula de personaAlpheus Spring Packard Sr.
Biografía
Nacemento23 de decembro de 1798
Chelmsford, Massachusetts
Morte13 de xullo de 1884
Squirrel Island, Maine
Lugar de sepulturaPine Grove Cemetery de Brunswick, Maine 
Datos persoais
ResidenciaMaine Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeestadounidense
EducaciónPhillips Exeter Academy
Bowdoin College
Actividade
Ocupacióndocente
EmpregadorBowdoin College (pt) Traducir (1824–1884) Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeFrances Appleton
C. W. McLellan
FillosWilliam Alfred Packard
Alpheus Spring Packard Jr.
NaiMary Packard (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

WikiTree: Packard-1228

Traxectoria

editar

Packard estudou na Phillips Exeter Academy, e graduouse no Bowdoin College en 1816.[2]

Foi o xenro do presidente do Bowdoin College, o reverendo Jesse Appleton, polo seu primeiro matrimonio con Frances Appleton.

Formado como ministro (clérigo), pasou toda a súa vida porfesional no Bowdoin College, primeiro como titor (1819–1824) e logo como educador, bibliotecario, e despois como profesor de linguas antigas e literatura clásica (1824–1865), e durante os dous últimos anos da súa vida, foi o presidente en funcións do colexio desde o curso 1883–84 até a súa morte.

Foi pai de catro fillos e unha filla da súa primeira esposa: Alpheus Spring Packard Jr., cirurxián na Guerra Civil, e famoso entomólogo que mantivo correspondencia con Charles Darwin (aínda que discrepaba das súas ideas), e profesor na Universidade Brown; William Alfred Packard; Charles A. Packard, e George Packard.

Despois da morte da súa esposa Packard casou coa señora C. W. McLellan e tivo un quinto fillo, Robert L. Packard, que se formou, como todos os seus medio irmáns, en Bowdoin.

Packard foi, ademais, unha figura clave na Sociedade Histórica de Maine desde a súa fundación en 1822 até a súa morte.

Algunhas obras

editar

No Bowdoin College, George Mitchell enumerou trece publicacións de Packard. Entre elas:

  • Editou e foi coautor (con Nehemiah Cleaveland) de The History of Bowdoin College, with Biographical Sketches of its Graduates (1882)
  • Tamén editou Works of the Rev. Jesse Appleton, with a memoir (1836–1837), e
  • Xenophon's Memorabilia of Socrates, with English Notes (1839; terceira edición, 1843).

Morreu o 13 de xullo de 1884 en Squirrel Island, Maine.[2] Está enterrado no Pine Grove Cemetery de Brunswick, Maine.[3]

  1. Cleaveland, N. & A. S. Packard. History of Bowdoin College: with biographical sketches of its graduates from 1806 to 1879, inclusive. Boston J. R. Osgood & Co. (1882).
  2. 2,0 2,1 "Prof. Alpheus S. Packard". The New York Times. 15 de xullo de 1884. Consultado o 5 de marzo de 2022. 
  3. "Tour a pé polo cemiterio de Pine Grove" (PDF). Pejescot Historical Society. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 31 de decembro de 2021. Consultado o 2 de marzo de 2022.