Alonso de Ovalle
Alonso de Ovalle, nado en Santiago de Chile o 27 de xullo de 1603 e finado en Lima en maio de 1651, foi un cronista español, autor da Histórica relación del Reyno de Chile.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de xullo de 1603 Santiago de Chile |
Morte | maio de 1651 (47 anos) Lima, Perú |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Ocupación | escritor, historiador, sacerdote católico |
Orde relixiosa | Compañía de Xesús |
Obra | |
Obras destacables
| |
Traxectoria
editarFoi fillo de Francisco Rodríguez del Manzano y Ovalle e de María Pastene y Lantadilla, poderosos encomendeiros españois, donos de varias facendas.
Estudou teoloxía e foi ordenado sacerdote xesuíta despois de 11 anos de estudos, dedicándose desde entón á ensinanza e ás misións.
Ovalle tivo que viaxar a Madrid e Roma como procurador da Viceprovincia xesuíta de Chile, e foi nesa última cidade onde escribiu e publicou (en 1646) a súa Histórica relación del Reyno de Chile.
Iniciara esta obra polo descoñecmento e a ignorancia que se tiña en Europa sobre o seu país:
Habiéndome venido del reino de Chile y hallando estos de Europa tan poco conocimiento de él que en muchas partes aun ni sabían su nombre, me vi obligado a satisfacer el deseo que me instaron diese conocer lo que era tan digno era de saberseAlonso de Ovalle
Tradución: Chegado do reino de Chile e achando nestes de Europa tan pouco coñecemento del que en moitas partes nin sabían sequera o seu nome, vinme obrigado a satisfacer o desexo que me instaron dese a coñecer o que tan digno era de saberse.
O libro consta de seis partes, dúas para a natureza, unha para os indíxenas, dúas para a conquista, unha para a Guerra de Arauco e unha (a máis longa) para a evanxelización.
O estilo de Ovalle é considerado un exemplo do uso canónico da lingua castelá, como o proba o que fora incluído como unha das fontes na primeira edición do Diccionario de Autoridades, publicado pola Real Academia Española (1713). Ovalle foi un dos dous únicos americanos incluídos como autoridade, sendo citado en 47 entradas, entre elas, curiosamente, a do diminutivo conejillo. Ocupou o posto 16º, en canto a número de citas, entre as 51 autoridades do dicionario.
Un dos mellores exemplos do seu manexo da linguaxe é a descrición da cordilleira dos Andes:
lo que he visto muchas veces es que cuando después de algún buen aguacero, que suele durar dos y tres y más días, se descubre esta cordillera aparece toda blanca desde su pie y hasta de los primeros y anteriores montes que están delante y causa una hermosísima vista, porque el aire de aquel es tan puro y tan limpio que pasado el temporal, aunque sea en lo más riguroso del invierno, lo despeja de manera que no aparece en él una nube, ni se ve en muchos días y entonces, rayando el sol en aquella inmensidad de nieves y en aquellas empinadas laderas y blancos costados y cuchillas de tan dilatadas sierras, hacen una vista que aun a los que nacemos allí y que estamos acostumbrados a ella, nos admira y da motivos de alabanza al creador, que tal belleza pudo crear.Alonso de Ovalle
Tradución: o que vin moitas veces é que, cando despois dalgunha boa chuvieira, que adoita durar dous o tres ou máis días, descóbrese esta cordilleira, que aparece toda branca desde o sopé até os primeiros e anteriores montes que están diante, e causa unha fermosísima vista, porque o aire daquela é tan puro e tan limpo que, pasado o temporal, aínda que sexa no máis rigoroso do inverno, despéxao de maneira que non aparece nel unha nube, nin se ve en moitos días, e entón, raiando o sol naquela inmensidade de neves e naquelas empinadas ladeiras e brancos costados e coitelas de tan dilatadas serras, fan unha vista que aínda aos que nacemos alí e que estamos acostumados a ela, nos admira e dá motivos de alabanza ao creador, que tal beleza puido crear.
A Histórica relación foi publicada en Roma no ano 1646 simultaneamente en español e en italiano.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alonso de Ovalle |
Bibliografía
editar- Alonso de Ovalle. "Histórica relación del Reyno de Chile y de las Missiones y Ministerios que exercita la Compañia de Jesus", editado en castellano e italiano en 1646, en Roma. 18X25,5 cm