Alonso Gullón García Prieto

político español


Alonso Gullón García Prieto, nado en Madrid o 18 de maio de 1884 e finado na mesma cidade o 9 de xuño de 1942[1], foi un político español.

Modelo:BiografíaAlonso Gullón García Prieto
Biografía
Nacemento18 de maio de 1884 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Morte9 de xuño de 1942 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Gobernador civil de Santander
Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsManuel Gullón García-Prieto Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Sobriño de Manuel García Prieto e irmán do tamén deputado Manuel Gullón García Prieto que fora subsecretario do Ministerio de Graza e Xustiza. Nas eleccións xerais de 1910 foi proclamado deputado polo distrito de Ortigueira, substituíndo a Juan Fernández Latorre, nomeado gobernador civil de Madrid, en elección parcial convocada para o 25 de outubro de 1910, sendo proclamado sen elección polo artigo 29 da Lei Electoral[2]. Repetiu o cargo polo mesmo distrito nas eleccións de 1914, e tamén nas de 1916. Nas eleccións de 1919 volveu ser proclamado sen elección. Nas eleccións de 1920, como Liberal Demócrata foi proclamado sen elección por un dos distritos da cidade da Coruña. Repetiu nas eleccións de 1923. Foi nomeado gobernador civil de Santander en decembro de 1915, permanecendo no posto até 1917. No franquismo foi Xefe de Administración civil no Instituto de Estudios Políticos e conselleiro da Caixa Postal de Aforros.

  1. Necrolóxica en ABC
  2. Eleccións 8-5-1910 Consultado o 29 de agosto de 2012.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar