Aloïss Heiss

numismático frencés


Aloïss Mathieu Heiss, nado en París o 8 de xaneiro de 1820 e finado en Aulnay, no departamento de Sena-San Denis o 20 de maio de 1893, foi un numismático francés especializado nas moedas do Renacemento e na moeda antiga e medieval de España.[1]

Infotaula de personaAloïss Mathieu Heiss
—Aloïss Heiss—
Biografía
Nacemento8 de xaneiro de 1820
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte Aulnay-sous-Bois
Dept. de Sena-San Denis
Francia
Aulnay-sous-Bois, Francia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancesa
Coñecido por- Estudos de numismática antiga e medieval española.
- Numismática e medallística renacentista.renacentista.
Actividade
Campo de traballoNumismática
Ocupaciónnumismático Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Notes

Heiss é o autor de tres obras fundamentais para o estudo da numismática antiga e medieval española: a primeira delas é Descripción general de las monedas hispano-cristianas desde la invasión de los Arabes, publicada en castelán en Madrid en tres volumes entre 1865 e 1869 e que mereceu o recoñecemento do Instituto de Francia en 1867; a segunda, publicada en París en 1870, leva por título Description générale des monnaies antiques de l'Espagne; e a terceira é Description générale des monnaies des rois wisigoths d'Espagne, publicada tamén en París en 1872. Outra das súas obras de referencia, sobre a medallística renacentista, é Les Medailleurs de la Renaissance, publicada en París en nove volumes entre 1881 e 1892.[1][2]

Heiss era membro da Sociedade Francesa de Numismática e Arqueoloxía, da que foi secretario xeral e vicepresidente (elixido en xaneiro de 1870), e tamén da Sociedade da Historia de París e da Illa de Francia, desde 1874 ata a súa morte, ademais de membro estranxeiro da Real Academia da Historia, de Madrid.[2][3][4]

Publicacións editar

Estas son as obras numismáticas de Aloïs Heiss.[2][5][6][7]

  • (1865-1869): Descripción general de las monedas hispano-cristianas desde la invasión de los Árabes. R. N. Milagro. Madrid. Volume I (1865); volume II (1867); volume III (1869).[8]
  • (1867): Une monnaie inédite de Montpellier. Société française de numismatique et d'archéologie. París.
  • (1870): Description générale des monnaies antiques de l'Espagne. Imprimerie nationale. París.
  • (1872): Description générale des monnaies des rois wisigoths d'Espagne. Imprimerie nationale. París.
  • (1879): Notice sur une médaille inédite de François Laurana représentant Jeanne de Laval, seconde femme de René d'Anjou, roi de Sicile. Société, bibliothèque et cercle de numismatique. París.
  • (1881-1892): Les Médailleurs de la Renaissance. J. Rothschild. París. Nove volumes.
  • (1884): Médailles de personnages français exécutées à Lyon en 1494 par Niccolò Spinelli de Florence. Protat. Mâcon.
  • (1888): Plat celtibérien en terre cuite découvert à Ségovie. A. Lévy. París.
  • (1890): Note sur l'authenticité des portraits de Gonzalve de Cordoue et sur la date encore discutée de sa naissance. C. Rollin et Feu-ardent. París
  • (1891): À propos des médailles et des portraits de Don Carlos, fils de Philippe II, roi d'Espagne. Société française de numismatique. París.
  • (1892): Étude sur la démence de la reine Jeanne de Castille et sur la mort de son mari Philippe le Beau, accompagnée de notes numismatiques et iconographiques. Société française de numismatique. París.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Necrologica: Aloïss Heiss". En Revista Italiana di Numismatica. 1893.
  2. 2,0 2,1 2,2 "Heiss Mathieu Aloïss". Institut rattaché à l’École nationale des chartes.
  3. Comptes rendus de la Société française de numismatique de d'archéologie. Tomo II. París. 1870. Páxina 79.
  4. "Nouvelles Littéraires". En Journal des Savants. Imprimerie Nationale. París. 1872. Páxina 529.
  5. "Heiss, Aloïss 1820-1893 Arquivado 05 de xullo de 2018 en Wayback Machine.". En Digital Library Numis.
  6. "Heiss, Aloïss 1820". En Worldcat.
  7. "Aloïs Heiss". En Google Books.
  8. Biblioteca Histórica Aguilar y Eslava. "Descripción general de las monedas hispano-cristianas desde la invasión de los árabes, por Aloïss Heiss (Madrid, 1865-1869)". En La Opinión. 31 de xullo de 2016. ISSN 1695-6834