Alive (filme de 1993)
Alive é un filme estadounidense dirixido por Frank Marshall que foi estreado en 1993. Está baseado no libro de Piers Paul Read Alive: The Story of the Andes Survivors (1974), que conta a historia real do equipo de rugby uruguaio cuxo avión se estrelou nos Andes o 13 de outubro de 1972.
Alive | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Alive |
Director | Frank Marshall |
Produtor | Kathleen Kennedy Robert Watts |
Guión | John Patrick Shanley |
Baseado en | Alive: The Story of the Andes Survivors de Piers Paul Read |
Intérpretes | Ethan Hawke Vincent Spano Josh Hamilton |
Música | James Newton Howard |
Fotografía | Peter James |
Montaxe | Michael Kahn William Goldenberg |
Estudio | The Kennedy/Marshall Company Paramount Pictures Touchstone Pictures |
Distribuidora | USA/Canadá Buena Vista Pictures Internacional United International Pictures |
Estrea | ![]() |
Duración | 127 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Drama |
Orzamento | $32 000 000[1] |
Recadación | $36 733 909 (USA) |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Un dos sobreviventes ó accidente, Nando Parrado (interpretado por Ethan Hawke), serviu como conselleiro técnico para o filme. Está protagonizado por Ethan Hawke, Vincent Spano e Josh Hamilton. O filme foi narrado por John Malkovich.[2]
ArgumentoEditar
Narra a terrible experiencia dun grupo de xogadores do equipo nacional de rugby do Uruguai cuxo avión se estrelou no medio dos Andes. Completamente illados, os días pasaban sen que ninguén fose a rescatalos, polo que se viron obrigados a recorrer ó canibalismo, coméndose a carne dos compañeiros falecidos, mentres os máis fortes preparaban unha viaxe desesperada a través das montañas.
PersonaxesEditar
|
|
NotasEditar
- ↑ "Box office/business: Alive (1993)". Consultado o 2010-03-27.
- ↑ NY Times movie review, 1993
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Alive na IMDb (en inglés).
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en AllMovie (en inglés)