Extraterrestre

(Redirección desde «Alieníxena»)

Un extraterrestre (Gl-extraterrestre.ogg pronunciación ) é un ser vivo orixinario de fóra da Terra e da súa atmosfera.

A pesar de que moita xente afirme telos coñecido, ou incluso ser un deles, non existe na actualidade ningunha proba fiable que confirme a existencia de vida extraterrestre.

Os extraterrestres son, a miúdo, personaxes de historias de ciencia ficción. Nelas, adoita haber civilizacións extraterrestres moi avanzadas, e que frecuentemente visitan a Terra con fins que poden ser pacíficos (pero experimentais), ou ben hostís.

Na linguaxe popular, un sinónimo de "extraterrestre" é "marciano", ou habitante de Marte. No entanto, os extraterrestres non teñen por que proceder de Marte.

Actualmente estase levando a cabo unha investigación científica para demostrar a presenza de vida no cosmos, é o chamado proxecto SETI, dedicado a rastrear o espazo con radiotelescopios, á espera de captar algún sinal non natural ou mensaxe procedente de seres intelixentes.

Debido a este afán por entrar en contacto con seres extraterrestres, os seres humanos tamén temos enviado en diversas ocasións sinais ou incluso obxectos ó espazo, á espera de que algunha civilización non terrícola nos descubra e poida pórse en contacto con nós.

Na sub-cultura estadounidense "extraterrestre" dise alien, que é como se denomina á xente que ven de fóra, (inmigrantes). A palabra "alien" é un termo legal dentro das leis de Estados Unidos para denotar a non-cidadáns do país.

A partir deste concepto creáronse novelas en forma politicamente correcta para falar de inmigrantes dentro dos EUA, sen facelo de forma directa.

A maioría das películas e series de televisión sobre "Extraterrestres" teñen o dobre sentido de falar sobre inmigrantes: Alien, E.T. the Extra-Terrestrial, Alf, Men in Black, War of the Worlds etc.

Tamén existen outras teorías que afirman que existen seres distintos a nós, pero "dentro" da nosa terra, os chamados "intraterrestres" que habitarían nas profundidades do noso planeta dende millóns de anos antes que aparecera o home das cavernas.