Alguaire é un concello da provincia de Lleida, en Cataluña. Pertence á comarca do Segrià e tiña en 2014 unha poboación de 3.093 habitantes agrupados nas localidades de Alguaire e La Mata de Pinyana.

Modelo:Xeografía políticaAlguaire
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°44′11″N 0°35′02″L / 41.736318, 0.58382
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
ProvinciaProvincia de Lleida
Ámbito funcional territorialPonent
ComarcaSegrià Editar o valor en Wikidata
CapitalAlguaire Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación3.012 (2023) Editar o valor en Wikidata (60,12 hab./km²)
Número de fogares127 (1553) Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua catalá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie50,1 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Noguera Ribagorzana e Canle de Aragón e Cataluña Editar o valor en Wikidata
Altitude304 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataJoan Guillaumet Illa (pt) Traducir (2024–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal25125 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE25016 Editar o valor en Wikidata
Código territorial IDESCAT250169 Editar o valor en Wikidata

Sitio webalguaire.cat Editar o valor en Wikidata

Historia

editar

En documentos do século IX aparece citado xa o topónimo de Alguaire. A reconquista do lugar correu a cargo de Ermengol VI de Urgell entre os anos 1145 e 1147. Entre 1149 e 1151, Ramón Berenguer IV realizou a doazón destas terras aos hospitalarios. En 1186, o rei Afonso II de Aragón o Casto cedeu a esta orde o castelo de Alguaire.

A partir de 1319, formou parte do Gran Priorado de Cataluña que máis tarde se converteu en baronía. En 1250 fundouse na vila o convento de damas hospitalarias do que aínda se conservan restos. A primeira comunidade do convento estivo formada por damas da nobreza, incluíndo á súa fundadora a Marquesa de Guàrdia. O cenobio recibiu numerosas doazóns en anos posteriores, entre elas o castelo de Casals cedido en 1424 por Afonso V de Aragón.

Aínda que o convento de Alguaire era de clausura, as monxas da comunidade seguían posuíndo a súa propia casa. En 1568 o papa Pío V tentou modificar este costume e instaurar a plena clausura pero non tivo éxito e as relixiosas continuaron residindo fose do convento. Durante a Guerra dos Segadores a comunidade trasladouse o Palacio Episcopal de Lleida e non regresaron a Alguaire ata 1653, atopando o edificio en moi mal estado. Finalmente trasladáronse ata Valldoreix aínda que seguiron conservando os dereitos de Alguaire ata o fin dos señoríos.

Economía

editar

A súa economía baséase principalmente na agricultura, destacando o cultivo de froiteiros, e a gandería. No seu termo municipal atópase o aeroporto de Lleida-Alguaire.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar