Alfredo Sánchez Monteseirín

político español

Alfredo Sánchez Monteseirín, nado en La Rinconada o 25 de setembro de 1957, é un político español, alcalde socialista da cidade de Sevilla desde 1999 até 2011.

Infotaula de personaAlfredo Sánchez Monteseirín
Biografía
Nacemento25 de setembro de 1957 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
La Rinconada, España Editar o valor em Wikidata
Cargos
   Alcalde de Sevilla
Período4 de xullo de 1999 – 11 de xullo de 2011
AntecesorSoledad Becerril
SucesorJuan Ignacio Zoido
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Sevilla Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónMédico
EmpregadorInstituto Nacional de la Salud
Servicio Andaluz de Salud (en) Traducir
Universidade de Sevilla Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeFelisa Tomás González

Facebook: AlfredoSanchezMonteseirin Twitter: asmonteseirin Editar o valor em Wikidata

Naceu en 1957 en La Rinconada, unha cidade situada a poucos quilómetros da capital andaluza (Sevilla). Só viviu seis anos alí, xa que en 1963, seus pais múdanse a Sevilla. A familia instalouse preto de La Macarena.

Estudou nos Escolapios. Máis tarde realizou o Curso de Orientación Universitaria (COU) no Instituto “M. Montañés”, para terminar licenciándose en Medicina e Cirurxía na Facultade de Medicina da Universidade de Sevilla.

Practicou a medicina en diversos hospitais da cidade e a provincia. Tras completar a súa especialización en xestión hospitalaria e obter praza por oposición como médico inspector do Instituto Nacional da Seguridade Social (hoxe Servizo Andaluz de Saúde), ensina na Escola Universitaria de Traballo Social de Sevilla.

Activismo político editar

Alfredo Sánchez Monteseirín integrouse moi pronto no PSOE e orientou a súa carreira política cara a responsabilidades locais e provinciais. É concelleiro municipal da cidade de Burguillos entre 1979 e 1987. Paralelamente fai a súa entrada na Deputación Provincial de Sevilla. Ocupa un asento de deputado provincial entre 1983 e 1995, período durante o cal posúe diversos postos e responsabilidades. Deputado Provincial de Sanidade, e posteriormente tamén de Asuntos Sociais entre 1983 e 1993. É proposto Portavoz do Grupo Socialista na Deputación Provincial de Sevilla de 1991 a 1995, e é levado á vicepresidencia da institución, como responsable da Área de Promoción Económica entre 1993 e 1995.

A partir de 1995 é Presidente da Deputación Provincial de Sevilla. Posteriormente é elixido presidente da Federación Andaluza de Municipios e Provincias.

Monteseirín foi alcalde 3 lexislaturas. É, polo tanto, o alcalde de Sevilla que máis tempo ocupou este cargo, non só na etapa democrática, senón desde que se instauraron as alcaldías modernas no século XIX.

Nas eleccións municipais de 1999 (%votos: PP 35,85%, PSOE-A 35,21%, PA 17,64%, IULV-CA 7,7%) é investido como Alcalde de Sevilla tras un acordo de goberno entre o Partido Socialista Obrero Español e o Partido Andalucista.

Nas eleccións municipais de 2003 (%votos: PSOE-A 38,63%, PP 35,16%, PA 12,33%, IULV-CA 8,97%) o PSOE obtén a maioría simple con 14 concelleiros, dous máis que en 1999.

Nas eleccións municipais de 2007 (%votos: PP 41,84%, PSOE-A 40,46%, IULVCPA 8,37%) nas que obtivo 15 concelleiros, un máis que en 2003, e nas que, aínda que con menos votos que o Partido Popular, conseguiu o seu terceiro mandato facendo coalición con IU.

Actuacións do Concello baixo o seu mandato editar

Entre as principais actividades realizadas baixo o seu mandato pódense citar:

  • A construción do Metro-centro, a liña de tranvía que transita pola Avenida da Constitución.
  • A creación dunha rede de carrís de circulación para ciclistas ("carril bici").
  • A finalización das obras da primeira liña do metro cuxo proxecto empezou en 1974, antes das primeiras eleccións democráticas municipais.
  • Reurbanización e reforma da Alameda de Hércules.
  • A construción de 15.000 vivendas de protección oficial.
  • A peatonalización de amplas zonas do centro histórico, como a Praza Nova, a avenida da Constitución, a rúa San Fernando ou o contorno da Alfalfa, e en zonas significativas da cidade como a rúa Asunción en Los Remedios e a rúa San Jacinto en Triana
  • Ordenación da circulación do tráfico do centro histórico regulando o acceso de vehículos privados.
  • O proxecto Metropol-Parasol na Praza da Encarnación, tamén coñecido como os "cogomelos".


Predecesor:
Miguel Ángel Pino Menchén
 
Presidente da Deputación Provincial de Sevilla

19951999
Sucesor:
Luis Pascual Navarrete Mora
Predecesor:
Soledad Becerril
 
Alcalde de Sevilla

19992011
Sucesor:
Juan Ignacio Zoido

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar