O Metro de Sevilla é unha rede de ferrocarril metropolitano lixeiro que opera na cidade andaluza de Sevilla, en España. A primeira liña foi inaugurada o 2 de abril de 2009, aínda que na data de inauguración só se puxo en funcionamento en torno ao 80 % do trazado con 17 das 22 estacións previstas, todas as restantes (salvo a estación de Guadaíra) estiveron operativas meses máis tarde, no outono dese mesmo ano. Actualmente é a quinta rede de metro de España en canto ao número de persoas transportadas e quilómetros explotados.

Metro de Sevilla

Interior da Estación de Cocheras.
Información
DonoXunta de Andalucía
CidadeSevilla, España
TipoMetro lixeiro
Liñas1
Estacións22
Sitio webmetro-sevilla.es
Operacións
Inauguración2 de abril de 2009
Vel. máxima70 km/h
Mapa da rede

A liña 1 conta cun total de 22 estacións repartidas por catro termos municipais do área metropolitana, a cuarta de España con máis de 1 500 000 habitantes. A tipoloxía desta primeira liña é subterránea polos núcleos urbanos polos que transcorre, e en viaduto ou en superficie con plataforma 100% segregada nas zonas non urbanizadas do exterior dos municipios.

A rede de Metro de Sevilla foi a sexta inaugurada en España, por detrás dos metros de Madrid, Barcelona, Valencia, Bilbao, e Palma de Mallorca. Á súa vez, foi o primeiro dos metropolitanos de Andalucía en prestar servizo, por diante das redes de Málaga e Granada.

Liñas editar

A táboa de abaixo describe cada unha das liñas do Metro de Sevilla. Emprégase a cor utilizada para a súa representación nos mapas. Dáse información da data de apertura da primeira sección de cada liña, lonxitude e o número de estacións das mesmas. As liñas 2, 3 e 4 aínda están en proxecto.


    Metro de Sevilla
Liña     Percorrido       Lonxitude     Estacións     Plataformas     Inauguración  
 
Ciudad Expo
Olivar de Quintos
18 km
22
65 m
02.04.2009
           Redactando o proxecto construtivo:
 
Torreblanca
Puerta Triana
13,4 km
19
-
-
 
Pino Montano
Bermejales
11,5 km
17
-
2017 (parcial)
 
Liña circular
17,7 km
23
-
-

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar