Alfredo II

futbolista brasileiro

Alfredo dos Santos, máis coñecido como Alfredo II, nado no Río de Xaneiro o 1 de xaneiro de 1920 e finado o 23 de outubro de 1997, foi un futbolista brasileiro, que xogaba de centrocampista.[1][2]

Alfredo II
Información persoal
Nome Alfredo dos Santos
Nacemento 1 de xaneiro de 1920
Lugar de nacemento Río de Xaneiro
Falecemento 23 de outubro de 1997
Lugar de falecemento Río de Xaneiro
Altura 168 centímetros
Posición centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1937–1948 Vasco da Gama
1949 Flamengo 2 (0)
1949–1956 Vasco da Gama
Selección nacional
1944–1950 Brasil 4 (1)
Na rede
FIFA: 69792 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Desenvolveu case toda a súa carreira no Vasco da Gama, agás un ano co Flamengo (1949).[1] Recibiu o alcume de "Alfredo II" dado que no Vasco xogaba outro Alfredo.[2] Gañou con ese club cinco Campionatos Cariocas (1945, 1947, 1949, 1950 e 1952) e o Campionato Suramericano de Campións, considerado o precursor da Copa Libertadores.

Selección brasileira editar

Foi catro veces internacional coa selección brasileira, coa que disputou o Mundial de 1950, no que o seu equipo acabou subcampión despois de perder contra o Uruguai no célebre Maracanazo. Xogou un só partido durante o torneo, un empate a dous goles contra Suíza no que marcou o primeiro gol do encontro.[3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "ALFREDO II - MEIO-CAMPO". Confederación Brasileira de Fútbol (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2009. Consultado o 27 de abril de 2022. 
  2. 2,0 2,1 "Fim do mistério: Alfredo II, do Expresso da Vitória e da Seleção Brasileira na Copa de 1950, faleceu em 1997" (en portugués). 12 de xuño de 2014. Consultado o 27 de abril de 2022. 
  3. "Brasil - Suíza 1950". FIFA (en inglés). Consultado o 27 de abril de 2022.