Alfreda Markowska

activista polaca

Alfreda Noncia Markowska, nada o 10 de maio de 1926 e finada o 30 de xaneiro de 2021, foi unha muller polaca de etnia xitana que durante a segunda guerra mundial salvou a vida duns cincuenta nenos xudeus e xitanos do Holocausto e do xenocidio de Porraimos.

Alfreda Markowska
Alfreda Markowska Noncia.jpg
Nacemento10 de maio de 1926
Lugar de nacementoGalitsia
Falecemento30 de xaneiro de 2021
Lugar de falecementoGorzów Wielkopolski
NacionalidadePolonia
EtniaRomani people in Poland
Ocupaciónactivista
PremiosCommander with Star of the Order of Polonia Restituta
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Markowska naceu nun tabor xitano que recorría unha zona de Stanisławów, na rexión de Kresy da Segunda República Polaca. En 1939, a invasión alemá de Polonia sorprendeuna en Lviv (actualmente parte de Ucraína). Despois de que a Unión Soviética invadise tamén Polonia como parte do pacto Ribbentrop-Molotov entre Iosif Stalin e Adolf Hitler, o su tabor trasladouse á parte de Polonia ocupada polos alemáns. En 1941, os alemáns asasinaron a todos os membros da súa familia (entre 65 e 85 persoas), incluídos os seus pais e irmáns, nunha masacre preto de Biała Podlaska, onde ela foi a única supervivente.

Pasou varios días buscando nos bosques locais a fosa común da súa familia. Dirixiuse a Rozwadów, onde en 1942, á idade de 16 anos, casou. Mentres visitaban Stanisławów, ela e o seu home foron capturados nunha redada na rúa pola policía ucraína, que os entregou aos alemáns, pero a parella logrou escapar. Posteriormente, víronse na obriga de trasladarse a guetos xitanos en Lublin, Lodz e Bełżec, pero tamén fuxiron deles e establecéronse en Rozwadów, onde os alemáns organizaran un campo de traballo para xitanos.[1]

Misións de rescateEditar

 
Alfreda Markowska na cerimonia de entrega da Orde de Polonia Restituta polo daquela presidente de Polonia, Lech Kaczyński.

En Rozwadów, Alfreda foi contratada no ferrocarril e logrou obter un permiso de traballo (Kennkarte) que lle deu certa protección contra novas detencións. Dedicouse a salvar a xudeus e xitanos, especialmente nenos, da muerte a mans dos nazis. Viaxaba a lugares onde se producían masacres de poboacións xudías ou xitanas, e buscaba superviventes. Markowska levábaos á súa casa, agochábaos e obtiña documentos falsos que os protexían dos alemáns. Calcúlase que salvou persoalmente uns 50 nenos.[1] Anos máis tarde, cando se lle preguntou por que non tivera medo de axudar, declarou que naquel momento non esperaba superar a guerra ela mesma, polo que o medo non fora un problema.[2]

En 1944, os soviéticos liberaron a zona. Por mor da política do Exército Vermello de recrutar á forza para as súas filas aos xitanos, Markowska xunto co seu marido e algúns dos nenos que salvara (incluídos algúns nenos alemáns que intetaron fuxir dos soldados soviéticos) fuxiu cara ao oeste, primeiro ao centro de Polonia e logo aos chamados "Territorios Recuperados" na actual Polonia occidental.[1]

Trala guerra, as autoridades comunistas da República Popular de Polonia iniciaron unha campaña para obrigar aos gitanos a asentarse e abandonar o seu estilo de vida tradicional. Como resultado, ela e a súa familia viviron primeiro preto de Poznan, en Przeźmierowo[3] e posteriormente, despois de morrer o seu marido, en Gorzów Wielkopolski.[2]

En outubro de 2006, Alfreda Markowska foi condecorada coa Cruz de Comandante con Estrela da Orde Polonia Restituta por salvar nenos xudeus e xitanos durante a segunda guerra mundial. O daquela presidente de Polonia, Lech Kaczyński, gabouna "polo seu heroísmo e a súa valentía fóra do común, polo seu excepcional mérito ao salvar vidas humanas".[4]

Markowska morreu o 30 de xaneiro de 2021, á idade de 94 anos.[5]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 Gierliński, K. (outubro de 2006). "Piękne życie Alfredy Markowskiej" (PDF). Romano Atmo (5): 10–11. Consultado o 31 de xaneiro de 2014. 
  2. 2,0 2,1 Szabłowski, Witold (8 de abril de 2013). "Alfreda Markowska zwana Nońcią". pp. 1–3. Consultado o 6 de febreiro de 2014. 
  3. "Wyborcza.pl". www.wysokieobcasy.pl. Consultado o 21 de setembro de 2020. 
  4. Caban, Agnieszka Mirosława. "Alfreda Markowska: Bohaterka trzech narodów (A Heroine of Three Nations)". Panorama Kultur. Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2014. Consultado o 4 de febreiro de 2014. 
  5. "Nie żyje babcia Nońcia". www.radiogorzow.pl. Consultado o 24 de febreiro de 2021.