Alfonso Pazos Bande
avogado e político galego
Alfonso Pazos Bande, nado en Ourense o 2 de novembro de 1932,[1] é un avogado e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de novembro de 1932 (92 anos) Ourense, España |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político |
Familia | |
Fillos | Serxio Pazos |
Pai | Alfonso Pazos Cid |
Traxectoria
editarFillo de Alfonso Pazos Cid. Estudou dereito por libre e fíxose avogado en 1959. Comezou como pasante con Sebastián Martínez-Risco na Coruña, e despois abriu despacho propio en Ourense. Foi detido en xaneiro de 1971 pola súa presunta participación nunha rede de tráfico de armas desde Portugal.[2][3] Nas eleccións xerais de 1977 encabezou a candidatura do Frente Democrático de Izquierdas ao Congreso por Ourense.[4][5]
Vida persoal
editarCasou en 1962 con Teresa de Jesús Huete Rodríguez.[6] É pai de Serxio Pazos.
Notas
editar- ↑ "Me gusta el derecho penal porque te permite bucear en el alma humana", entrevista en La Voz de Galicia, Ourense, 6-10-2019, p. 12.
- ↑ "Dieciséis personas detenidas en La Coruña, Pontevedra y Orense, por tenencia ilícita de armas", La Voz de Galicia, 31-1-1971, p. 4.
- ↑ Hoja oficial de la provincia de Barcelona, 1-2-1971, p. 11.
- ↑ El Pueblo Gallego, 1-6-1977, p. 18.
- ↑ Información de ABC
- ↑ La Región, 11-9-1962, p. 2.