Alfonso Morales Muñoz
Alfonso Morales Muñoz, nado en 1964, é un deseñador de moedas español, gravador xefe da FNMT-RCM.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1964 (59/60 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Istituto Poligrafico e Zecca dello Stato |
Actividade | |
Ocupación | gravador |
Empregador | Fábrica Nacional de Moeda e Timbre |
Traxectoria editar
Alfonso Morales Muñoz cursou estudos superiores de Belas Artes e posteriormente acadou o mestrado en Esmalte Artístico, no Istituto Poligrafico e Zecca dello Stato, de Roma.[1]
É tamén técnico superior en artes gráficas e forma parte do Departamento de Moeda da Fábrica Nacional de Moeda y Timbre - Real Casa de la Moneda (FNMT-RCM) de Madrid,[1] onde ocupa o cargo de gravador xefe. Tamén impartiu docencia de Gravado de Moeda e Linguaxe Numismática na Escola de Gravadores da ceca española.[2]
Entre os seus traballos figuran o deseño e o gravado de decenas de moedas, tanto circulantes como conmemorativas, dos sistemas da peseta, do ECU e do euro, cuñadas pola FNMT-RCM.[1]
O seu traballo ambas as faces da moeda de 5.000 peseas de prata de 1989 conmemorativa do Descubrimento de América, cunha carabela no seu reverso, foi merecedor do premio Moeda do Ano 1991 á mellor moeda de gran módulo cuñada en 1989.[3]
Escolma de traballos editar
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Grabadores y diseñadores en la numismática: Alfonso Morales Muñoz". Conoce tu moneda.
- ↑ "Entrevista a Alfonso Morales Muñoz, grabador de la FNMT". Ruiz Calleja (Blognumismatico.com). 22 de febreiro de 2020.
- ↑ Scarinci, D. (2015). Coin of the Year: Celebrating Three Decades of the Best in Coin Design and Craftsmanship. Krause Publications. ISBN 978-1-4402-4476-6
- ↑ "5 Pesetas - Juan Carlos I". Numista.com
- ↑ "10 Pesetas Seneca". Numista.com
- ↑ "50 Pesetas La Cartuja". Numista.com
- ↑ "50 Pesetas Felipe V". Numista.com
- ↑ "2000 Pesetas - Juan Carlos I Xacobeo". Numista.com
- ↑ "2000 Pesetas - Juan Carlos I Last issue of the peseta". Numista.com