Alfonso Hermida

xornalista galego

Alfonso Hermida Mejuto, nado na Coruña o 30 de xaneiro de 1970,[1] é un xornalista galego coñecido polos seus traballos televisivos na Televisión de Galicia.

Modelo:BiografíaAlfonso Hermida
Biografía
Nacemento30 de xaneiro de 1970 Editar o valor en Wikidata (54 anos)
A Coruña (España) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

A finais dos anos 80 foi redactor en Radio Nacional de España e en 1994 entrou na Televisión de Galicia. Durante varios anos estivo á fronte do programa deportivo da fin de semana da canle autonómica galega que se encarga principalmente de cubrir a xornada futbolística, En Xogo. Por este traballo conseguiu o Premio Mestre Mateo ó mellor comunicador de televisión no ano 2004.

En 2005 foi relevado por Carlos Macía e Jessica Figueroa á fronte de En Xogo para incorporarse ós informativos como presentador xunto a Begoña Fontenla e Araceli Gonda no Telexornal Mediodía, no que se ocupou tamén da edición. Como membro dos servizos informativos, fixo coberturas especiais de diversos acontecementos, destacando o éxito de Óscar Pereiro no Tour de Francia 2006, ou o especial das elección municipais celebradas en maio de 2007. Posteriormente pasou ao Telexornal Serán.

En outubro de 2011, no contexto da folga dos traballadores da Televisión de Galicia en protesta pola nova lei para a Reforma da CRTVG consensuada entre o Partido Popular e o PSdeG, presentou na praza do Toural de Santiago de Compostela un telexornal reivindicativo xunto á tamén presentadora Ana Pérez, no que denunciaron a precariedade laboral, as privatizacións e a manipulación informativa dentro da cadea.[2][3][4] Como consecuencia destas protestas os dous traballadores foron apartados do programa especial para as eleccións xerais dese ano.[5][6] En abril de 2012 dimitiu por discrepancias coa dirección.[7][8] Uns días despois anunciou que regresaba á sección de Deportes do telexornal.[9]

En 2017 volveu presentar os informativos da cadea[10] ata que en xuño de 2018 volveu dimitir, esta vez xunto á periodista Beatriz Moyano. As dimisións producíronse por "discrepancias coa liña informativa" e no medio de novas protestas dos traballadores da cadea contra a manipulación e o control informativo.[11][12]

Familia

editar

É curmán da cantante Eva Barreiro, famosa pola súa participación na undécima edición de Operación Triunfo, onde foi finalista.[13]

  1. "Chamáronme para sumar nun momento de cambio profundo". El Correo Gallego. 28 de agosto de 2017. Consultado o 23 de xuño de 2020. 
  2. XORNADA DE FOLGA NA CRTVG 1 (Youtube). 14 de outubro de 2011. 
  3. XORNADA DE FOLGA NA CRTVG 2 (Youtube). 14 de outubro de 2011. 
  4. "La CRTVG tiene 'informes' disciplinarios contra dos presentadores del informativo" (en castelán). 27 de outubro de 2010. Consultado o 23 de xuño de 2020. 
  5. "TVG aparta a sus presentadores estrella del especial Elecciones por participar en una huelga" (en castelán). 13 de outubro de 2011. Consultado o 23 de xuño de 2020. 
  6. "Continúan as protestas na CRTVG". 28 de outubro de 2011. Consultado o 23 de xuño de 2020. 
  7. Carbajo, Primitivo (2 de abril de 2012). "Dimite un presentador de TVG por discrepancias informativas". El País (en castelán). Consultado o 23 de xuño de 2020. 
  8. "Dimite Alfonso Hermida, presentador do Telexornal Serán". Faro de Vigo. 3 de abril de 2012. Consultado o 23 de xuño de 2020. 
  9. "Alfonso Hermida anuncia que regresa a los Deportes de TVG". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de abril de 2012. Consultado o 23 de xuño de 2020. 
  10. "Alfonso Hermida volve aos Informativos da Televisión de Galicia" (en castelán). 31 de agosto de 2017. Consultado o 23 de xuño de 2020. 
  11. "Dimiten dos presentadores de las noticias de la TVG como protesta por el control informativo" (en castelán). 20 de xuño de 2018. Consultado o 23 de xuño de 2020. 
  12. "Dimiten os presentadores do Telexornal Serán en protesta polo control informativo na TVG". 19 de xuño de 2018. Consultado o 23 de xuño de 2020. 
  13. "Tuit de Alfonso Hermida". Twitter (en castelán). Consultado o 23 de xuño de 2020.