Alfonso Castro Beiras
Alfonso Castro Beiras, nado en Santiago de Compostela o 22 de xullo de 1944 e finado na Coruña o 8 de febreiro de 2016,[1] foi un cardiólogo galego, Medalla de Ouro de Galicia en 2004.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de xullo de 1944 Santiago de Compostela, España |
Morte | 8 de febreiro de 2016 (71 anos) |
Educación | Universidade Autónoma de Madrid |
Premios | |
| |
Traxectoria
editarLicenciouse en Medicina na Universidade de Santiago e doutorouse na Universidade Autónoma de Madrid. Como médico dedicou a súa carreira profesional ao ámbito da cardioloxía.
Ocupou tamén diversos cargos de responsabilidade administrativa, ao ser director da área de Corazón do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña e xefe do seu servizo de cardioloxía.
Como investigador destacou no ámbito do trasplante cardíaco e na cardioloxía clínica. Deu clase na facultade de Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña, onde ademais foi director do Instituto de Ciencias da Saúde.
O 20 de xuño de 2015 foi galardoado coa Medalla de ouro e brillantes do Colexio Oficial de Médicos da provincia da Coruña e pouco antes, no mes de marzo, foi nomeado Médico Emérito do Servizo Galego de Saúde.[2]
Obra
editar- Hipertensión y corazón (1993).
- Enfermedad cardiovascular en la mujer (1999).
- Marcapasos. Manual para el cardiólogo clínico (1999), en coautoría con Eduardo de Teresa.
- Riesgo cardiovascular (1999).
- Cardiología clínica en atención primaria (2000), editado en coautoría con Eduardo Alegría.
- Tratamiento diurético y calidad de vida en el paciente con insuficiencia cardíaca (2001).
- Insuficiencia cardíaca: cuidado continuo (2002).
- Prevención cardiovascular: el futuro ya no es lo que era (2002).
- Programa de actualización en cardiología para el médico clínico (2002), coeditado con Eduardo de Teresa..
- Plan integral de cardiopatía isquémica, 2004-2007 (2003).
- Comprehensive ischaemic heart disease plan (2004) como editor.
- Para que no te enferme el corazón (2004), guía da colección Saber Vivir, programa de televisión dirixido por Manuel Torreiglesias, reeditado en varias ocasións.
- Updates en Cardiología. De la evidencia científica a la práctica clínica en cardiología (2005), editado en coautoría con Eduardo Alegría e Eduardo de Teresa.
- Estrategia en cardiopatía isquémica del sistema nacional de salud (2006).
- Resumen de la estrategia en cardiopatía isquémica del Sistema Nacional de Salud (2006).
Galardóns
editar- Medalla de Ouro de Galicia en 2004.
- Medalla de ouro e diamantes do Colexio Oficial de Médicos da provincia da Coruña (2014)
- Doutor emérito do SERGAS.
Vida persoal
editarAlfonso Castro Beiras faleceu en febreiro de 2016 ao precipitarse por unha fiestra[3]. Era irmán do tamén cardiólogo José Manuel Castro Beiras. Casou e tivo dúas fillas[4].
Castro Beiras foi o cardiólogo do presidente Manuel Fraga.[2]
Notas
editar- ↑ Fallece Castro Beiras, el impulsor de la cardiología en la sanidad gallega La Voz de Galicia, 9-02-2016.
- ↑ 2,0 2,1 Falleció ayer el eminente cardiólogo compostelano Alfonso Castro Beiras Arquivado 10 de febreiro de 2016 en Wayback Machine. El Correo Gallego. 9-02-2016.
- ↑ "El cardiólogo Alfonso Castro Beiras fallece en A Coruña". La Opinión A Coruña (en castelán). 8 de febreiro de 2016. Consultado o 8 de febreiro de 2016.
- ↑ "Fallece el prestigioso cardiólogo Castro Beiras". El Progreso (en castelán). 8 de febreiro de 2016. Consultado o 8 de febreiro de 2016.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.