Alexandre Sotelino

Profesor e investigador galego

Alexandre Sotelino Losada, nado en Ourense o 29 de outubro de 1986, é un profesor universitario e investigador galego. Tamén é coñecido polo seu labor no eido cultural, e máis concretamente na recuperación, difusión e posta en valor da cultura tradicional galega.

Infotaula de personaAlexandre Sotelino

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de outubro de 1986 Editar o valor em Wikidata (37 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesor universitario Editar o valor em Wikidata

Facebook: 100010412014703 Twitter: AlexSotelino Instagram: alexandre.sotelino LinkedIn: alexandre-sotelino-losada-2116b1141 Dialnet: 2332667 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Estudou a educación primaria no Centro Concepción Arenal de Ourense e a secundaria no IES As Lagoas na mesma capital das Burgas e licenciouse en Pedagoxía na Universidade de Santiago de Compostela na que tamén fixo o doutoramento coa tese Aprendizaje-servicio en las universidades gallegas: evaluación y propuesta de desarrollo (2014).[1]

Comezou de profesor na Universidade de Vigo (2013-2016) e continuou na de Santiago de Compostela[2] no Departamento de Pedagoxía e Didáctica, área de Teoría e Historia da Educación. É membro grupo de investigación Esculca con quen leva traballando desde o 2008 en diferentes proxectos de investigación.[3] Na institución compostelá desenvolveu as tarefas de Coordinador do Grao de Mestre/a en Educación Primaria e tamén de Coordinador Académico do Mestrado en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario. No ano 2023 asume a Dirección do grupo de innovación docente Alén-Aps onde se inclúe profesorado de diferentes áreas de coñecemento da USC.

Ten colaborado en revistas científicas relacionadas coa pedagoxía: Educación XXI, Aula Abierta, Teoría de la Educación, Eduga, Edutec, Bordón, RIED etc e participado en publicacións individuais e colectivas relacionadas coa súa materia.[4] É membro do consello editorial da Revista Galega de Educación e dos Consellos Científicos das publicacións: RIDAS (Revista Iberoamericana de Aprendizaje-Servicio), Cuaderno de Pedagogía Universitaria e Revista RUNAE (Revista Científica De Investigación Educativa).[5] Asemade, ten colaborado con diferentes medios de comunicación con artigos de opinión tales como La Región, La Voz de Galicia, Nós Diario, Radio Galega...

É Director Académico-Artístico no Festival Internacional Rebulir[6] e director do Colectivo Rebulir Cultura tradicional[7] na contorna de Ramirás. Asemade, ten sido Vicepresidente da Asociación Galega de Aprendizaxe-Servizo, membro do Secretariado de Nova Escola Galega, Vicepresidente da Asociación de Investigadores/as en Educación Herminio Barreiro e membro da Xunta Directiva da AGG (Asociación de Gaiteiras Galegas). Tamén se ten formado no eido da Cultura Tradicional no marco de Grupo Foula (Ourense), Castro-Floxo-Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo "Xocas", Centro Cultural A Pontevella, AOFT - Gomes Mouro e mesmo na Asociación centenaria "Cantigas e Agarimos".

Foi premio Educa ao Mellor Docente de España 2021, categoría universitaria.[8][9] O comité valorou especialmente os campos da investigación e a calidade docente xunto coa satisfacción do alumnado.[10] No ano 2023 foille concedido o III Premio Alfredo Iglesias na categoría de Ciencia pola súa contribución á difusión do coñecemento desde a pedagoxía. Tamén no ano 2021 obtivo a Insignia SUISIA Starter (Spanish Universities in Social Innovation Activities) 2021 polo proxecto de ApS "PEINAS-Pedagoxía Intercultural e Aprendizaxe-Servizo".

Libros

editar
  • Programa ECO-FA-SE (2014). Universidade de Santiago de Compostela, Servicio de Publicaciones e Intercambio Científico. ISBN 978-84-15876-95-3.
  • Aprendizaje-servicio y misión cívica de la universidad: una propuesta de desarrollo (2015). Octaedro. ISBN 9788499217338.
  • A investigación educativa novel en Galicia: realidade e pespectivas (2016). Universidade de Santiago de Compostela, Servicio de Publicaciones e Intercambio Científico. ISBN 978-84-16533-04-6
  • Guía para la institucionalización del aprendizaje-servicio en la universidad (2018). Universidade de Santiago de Compostela, Servicio de Publicaciones. ISBN 9788416954865.
  • A educación en Galicia en perspectiva: alicerces para o porvir (2024). Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións. ISBN 9788419679994

Premios

editar
  • Premio extraordinario de Licenciatura en Pedagogía (Promocion 2004-2008).
  • Premio María Barbeito de Educación en Galicia á Investigación Pedagógica 2012, por "O Rendemento Escolar do Alumnado procedente da Inmigración en Galicia. Un Programa de Optimización para Familias e Centros de Ensino" (PGIDIT07SEC009214PR).
  • Premio Xabier Prado Lameiro á cultura galega como director da AC Rebulir
  • Premio Rodolfo Prada á Xestión Cultural como director do proxecto "Festival Internacional Rebulir"[11]
  • Premio Educa ao Mellor Docente de España 2021
  • Insignia SUISIA Starter (Spanish Universities in Social Innovation Activities) 2021 polo proxecto de ApS "Pedagoxía Intercultural e Aprendizaxe-Servizo"
  • III Premio Alfredo Iglesias (categoría Ciencia) 2023
  1. Losada, Alexandre Sotelino; Losada, Alexandre Sotelino (2014). "Aprendizaje-servicio en las universidades gallegas". Universidade de Santiago de Compostela. 
  2. "Alejandro Sotelino Losada Universidade de Santiago de Compostela". www.usc.gal. Consultado o 2022-11-27. 
  3. "ESCULCA - Coñecemento e acción educativa Grupos de investigación - Universidade de Santiago de Compostela". investigacion.usc.gal. Consultado o 2022-11-27. 
  4. "Alexandre Sotelino Losada". Dialnet (en castelán). Consultado o 2022-11-27. 
  5. "cv Alexandre Sotelino" (PDF). usc.es. 
  6. Fernández, Laura. "Unha ducia de propostas encherán o Festival Rebulir". La Región (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2022. Consultado o 2022-11-27. 
  7. "REBULIR Cultura Tradicional" (en castelán). Consultado o 2022-11-27. 
  8. "Alexandre Sotelino, un ourensano nombrado mejor educador universitario de España". La Región (en castelán). 2022-02-26. Consultado o 2022-11-27. 
  9. Araújo, Emma (28 de novembro de 2021). "Alexandre Sotelino, profesor da USC e premio ao mellor docente de España: «Hai que espertar a curiosidade na aula e non premiar o non esforzo»". lavozdegalicia.es. Consultado o 6 de febreiro de 2023. 
  10. "Alexandre Sotelino, de la USC, elegido mejor profesor universitario de España". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-11-18. Consultado o 2022-11-27. 
  11. Redacción (3 de abril de 2019). "Rebulir e José Antonio Viñas, premiados co Rodolo Prada". lavozdegalicia.es. Consultado o 6 de febreiro de 2023.