Alexander Bain
Alexander Bain, nado en Aberdeen o 11 de xuño de 1818 e finado na mesma cidade o 18 de setembro de 1903, foi un educador e filósofo escocés. Destacou pola aplicación da filosofía á psicoloxía.
Alexander Bain | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 11 de xuño de 1818 e 1818 |
Lugar de nacemento | Aberdeen |
Falecemento | 18 de setembro de 1903 e 1903 |
Lugar de falecemento | Aberdeen |
Nacionalidade | Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda |
Alma máter | Universidade de Aberdeen e Marischal College |
Ocupación | psicólogo, filósofo, profesor universitario e escritor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
![]() |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
TraxectoriaEditar
En 1840 comezou a colaborar na Westminster Review e coñece a John Stuart Mill, con quen mantivo unha longa amizade. Profesor da Universidade de Glasgow en 1845, ao ano seguinte deixouno para dedicarse a escribir. En 1848 trasládase a Londres onde publicou The Senses and the Intellect (1855) e The Emotions and the Will (1859). En 1860 foi nomeado pola coroa catedrático de lóxica e literatura inglesa na Universidade de Aberdeen.