Alesana Tuilagi

xogador de rugby samoano

Alesana "Alex" Tuilagi, nado o 24 de febreiro de 1981, é un xogador de rugby samoano.

Alesana Tuilagi
Alesana Tuilagi.jpg
Nacemento24 de febreiro de 1981
 Samoa
NacionalidadeSamoa
Alma máterHinckley Academy and John Cleveland Sixth Form Centre
Ocupaciónxogador de rugby
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Actualmente xoga nos Leicester Tigers na máxima competición de clubs en Inglaterra, a Aviva Premiership. Tamén ten xogado en numerosas ocasións (21 caps) coa selección de Samoa. Antes da súa etapa en Inglaterra xogou no Rugby Parma F.C. do Super 10 italiano.

A familia Tuilagi ten unha longa relación cos Leicester Tigers, de feito, os irmáns de Alesana Henry, Anitelia (Andy) e Fereti (Freddie) foron xogadores do equipo de Leicester, e os seus dous irmáns menores Vavae e Manu Tuilagi xogaron no partido amigable entre os Tigers e os Classic All-Blacks o 25 de maio do 2008.

Durante a súa etapa en Parma, onde xogou dúas tempadas entre o 2002 e o 2004, foi o segundo máximo anotador de ensaios da liga na tempada 200304 con 12 ensaios en total esa tempada, axudando ao seu equipo a chegar ás semifinais da liga italiana e da ParkerPen Shield. Debutou como internacional con Samoa no partido de clasificación para Copa do Mundo de Rugby 2003 xogado contra Fidxi en Xuño do 2002.

Foi convocado para xogar na xira europea dos Pacific Islanders no 2006.

EquiposEditar

PalmarésEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar