Aleixo de Abreu
Aleixo de Abreu, nado en Alcáçovas en 1568 e finado en Lisboa en 1630, foi un médico e patólogo tropical portugués.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1568 (Gregoriano) Alcáçovas, Portugal |
Morte | 1630 (61/62 anos) Lisboa, Portugal |
Educación | Universidade de Coímbra Universidade de Évora |
Actividade | |
Ocupación | médico |
Empregador | João Furtado de Mendonça (pt) Filipe IV de España |
Traxectoria
editarLicenciouse en medicina pola Universidade de Coímbra.[1] Debido ao seu notable traballo como médico, foi enviado a Angola, xunto con Afonso Furtado de Mendonça, para estudar as enfermidades, que se crían endóxenas a aquela terra, que parecían estar afectando aos mariñeiros portugueses.[1]
Tras 9 anos en Angola, Aleixo de Abreu converteuse nun recoñecido experto no campo das enfermidades africanas.[1] Escribiu amplos estudos sobre escorbuto, coñecido naquel momento en Portugal como "o mal de Angola", que máis tarde foi incluída no seu Tratado das Sete Enfermidades, publicada posteriormente en 1623.[1] Máis tarde pasou a ser médico na corte do rei Filipe IV.[1]