Aleixo II Comneno
Aleixo II Comneno, nado en Constantinopla o 10 de setembro de 1169 e finado na mesma cidade o 24 de setembro de 1183, foi emperador bizantino entre 1180 e 1183.
Nome orixinal | (el) Αλέξιος Β’ Κομνηνός |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 10 de setembro de 1169 (Gregoriano) Constantinopla, Turquía |
Morte | 24 de setembro de 1183 (Gregoriano) (14 anos) Constantinopla, Turquía |
Causa da morte | homicidio, asasinato político afogamento |
Lugar de sepultura | Berlín |
Emperador bizantino | |
24 de setembro de 1180 – outubro de 1183 ← Manuel I Comneno – Andrónico I Comneno → | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Familia | Dinastía Ducas-Comneno |
Cónxuxe | Inés de Francia (1180 (Gregoriano)–) |
Pais | Manuel I Comneno e Maria de Antioquia |
Irmáns | Maria Comnena Alexios Komnenos |
Descrito pola fonte | Encyclopædia Britannica |
Traxectoria
editarEra fillo do emperador Manuel I Comneno e de María de Antioquía, filla de Raimundo, príncipe de Antioquía.
Á morte de Manuel en 1180, María, que fora enclaustrada nun convento co nome de Xene, proclamouse a si mesma rexente e deixou ao seu fillo en mans dos seus conselleiros, que fomentaron nel todo tipo de vicios, mentres que ela apoiaba o goberno do protosebastos Aleixo (un curmán de Aleixo II), que era abertamente o amante de María. O novo emperador e os seus amigos intentaron formar un partido contra a emperatriz nai e o protosebastos, e así, a súa irmá María, esposa do césar Xoán (Renier de Montferrato) incitou varias revoltas nas rúas da capital.
O partido do novo emperador foi derrotado (2 de maio de 1182), pero Andrónico Comneno aproveitouse das desordes para facerse coa coroa, e así entrou en Constantinopla, onde foi recibido con honores case divinos, e depuxo aos rexentes. A súa chegada foi celebrada cun masacre de latinos na capital, sobre todo de mercadores venecianos, que Andrónico non fixo nada por evitar. Permitiu que Aleixo fose coroado, pero o obrigou a aceptar que fosen condenados a morte todos os seus amigos, ademais da súa nai, a súa irmá e o césar, e non lle permitiu que expresase a máis mínima opinión nos asuntos de Estado.
O compromiso en 1180 entre Aleixo e Inés de Francia, que entón só tiña nove anos de idade, filla de Lois VII de Francia e a súa terceira muller Adela de Champaña, foi anulado. Andrónico proclamouse entón formalmente coemperador, e pouco despois, co pretexto de que un goberno dividido resultaba deshonroso para o Imperio, ordenou matar a Aleixo (outubro de 1183).
Imperio Bizantino | ||
---|---|---|
Segue a: Manuel I Comneno |
Aleixo II Comneno | Precede a: Andrónico I Comneno |
Dinastía Ducas-Comneno |