Aleida Guevara March
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2015.) |
Aleida Guevara, nada na Habana o 24 de novembro de 1960, é unha pediatra cubana.
(2015) | |
Nome orixinal | (es) Aleida Guevara |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 24 de novembro de 1960 (63 anos) A Habana, Cuba |
Residencia | A Habana |
Actividade | |
Ocupación | pediatra, médica, política |
Familia | |
Pais | Che Guevara e Aleida March |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Traxectoria
editarÉ a maior dos catro fillos de Ernesto Che Guevara coa súa segunda muller, Aleida March. Ernesto Guevara tivo outra filla, Hilda Beatriz Guevara, nada en 1956, coa súa primeira muller, Hilda Gadea.
Aleida é doutora en medicina e especializada en pediatría. Traballa no Hospital para nenos William Soler da Habana, e é colaboradora do Centro de Estudios Che Guevara. Tamén exerceu en Angola, Ecuador e Nicaragua.
Así mesmo, é militante do Partido Comunista de Cuba. Na súa película Sicko, Michael Moore entrevístaa acerca da filosofía que sostén o sistema de saúde universal en Cuba.
Guevara foi unha militante dos dereitos humanos e de reducións de débeda soberana para nacións en desenvolvemento. É autora do libro Chávez, Venezuela y la nueva América Latina.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Aleida Guevara March na IMDb (en inglés).