Aldonza Lourenzo de Valadares

nobre portuguesa


Aldonza Lourenzo de Valadares, finada despois de 1360, foi unha nobre portuguesa (galega para Eduardo Pardo de Guevara)[1], e nai de Alvar Peres de Castro e Inés de Castro.

Infotaula de personaAldonza Lourenzo de Valadares
Biografía
Morte1360 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Familia
ParellaPedro Fernández de Castro Editar o valor em Wikidata
FillosInés de Castro, Alvar Peres de Castro Editar o valor em Wikidata
PaisLourenço Soares de Valadares (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Sancha Nunes de Chacim (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsInês Lourenço de Valadares (en) Traducir e Berengária Lourenço de Valadares (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Valadares-2

Traxectoria

editar

Filla do nobre portugués Lourenzo Soares de Valadares[2], ricohome, conselleiro dos reis Afonso III e Dinis de Portugal, tenente de Riba Fouga e de Riba Minho e señor de Tangil, e de Sancha Nunes de Chacim, filla de Nuno Martins de Chacim, ricohome, tenente de Braganza, meiriño maior de Afonso III e mordomo maior do rei Dinis I de Portugal, e da súa segunda esposa, Teresa Nunes Queixada. O pai de Aldonza foi aio de Pedro Fernández de Castro, quen lle foi entregado pola súa nai para a súa protección despois da morte do seu pai.

Tivo varias irmás de nai e pai, entre elas: Berenguela Lourenzo de Valadares, esposa de Afonso Téllez de Meneses O Raposo; Branca, que casou con Martín Eanes de Briteiros; Xoana, comendadora do Mosteiro de Santos até 1348; e Constanza e Beatriz Lourenzo de Valadares, ámbalas dúas monxas no Mosteiro de Arouca.

Aldonza, que nunca chegou a casar[3], mantivo unha relación con Pedro Fernández de Castro co que tivo dous fillos:

  • Inés de Castro (m. en 1355), raíña a título póstumo de Portugal, polo seu matrimonio secreto con Pedro I de Portugal.

Francisco Fernández de Béthencourt mantén que Aldonza estivo lexitimamente casada con Pedro Fernández de Castro "aunque se anulara después por motivos que no ha logrado descubrir nuestra diligencia".[5]

A data de falecemento de Aldonza sería despois de 1360, ano no que figura unha doazón ao mosteiro de Ancede dos seus dereitos na igrexa de Leocadia de Lágea[3].

  1. Pardo de Guevara y Valdés, Eduardo (2000). Los señores de Galicia: tenentes y condes de Lemos en la Edad Media. Galicia histórica (en castelán). A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza. p. 157. ISBN 84-89748-72-1. 
  2. De Sotto Mayor Pizarro, José Augusto (1997). Linhagens Medievais Portuguesas (en portugués). p. 793-795. 
  3. 3,0 3,1 De Sotto Mayor Pizarro, José Augusto (1997). Linhagens Medievais Portuguesas (en pt). p. 796. 
  4. De Sotto Mayor Pizarro, José Augusto (1987). Os patronos do Mosteiro de Grijo (en pt). Porto. p. 30. 
  5. Fernández de Béthencourt, Francisco (1902). Historia genealógica y heráldica de la monarquía española, Casa Real y Grandes de España (en castelán). Tomo IV. Madrid: Establecimiento Tipográfico de Enrique Teodoro. p. 460.