Tenencia feudal

propiedade territorial do señor feudal

A tenencia feudal (do latín vulgar tenentia,ae: 'o que se ten, bens', de tenens,entis, participio presente de tenēre: 'ter') era unha das tres divisións do feudo ademais dun título gobernativo, como representante da autoridade do rei. Nos reinos cristiáns da Península Ibérica correspondía a unha vila ou pequena rexión.[1] A tenencia non daba dereito de propiedade e era temporal, cedida polo rei ou señor a un vasalo para o seu uso e/ou goberno, sen implicar que o concedente perdese a propiedade ou que implicase un dereito hereditario para o destinatario.

A posesión dunha tenencia denotaba unha gran honra, pero tamén implicaba grandes responsabilidades. Os tenentes eran orixinalmente os responsables de proporcionar cabaleiros e soldados para o exército feudal do rei, administraba xustiza, recadaba os impostos reais e militares, e os ingresos resultantes usualmente repartíanse a partes iguais entre o tenente e o rei.

  1. "Tenencia feudal". Gran Enciclopedia Larousse. 1991. ISBN 84-3207-370-9. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar