Alcublas (en valenciano Les Alcubles) é un municipio da Comunidade Valenciana. Pertencente á provincia de Valencia, na comarca de Serrans.

Alcublas
Localización
PaísEspaña
Comunidade autónomaComunidade Valenciana
ProvinciaValencia
ComarcaSerrans
Xeografía
Altitude774 msnm
Superficie43,5 km²
Demografía
Poboación842 hab. (2007)
Densidade19,36 hab./km²
XentilicioAlcublano/-a
Outros datos
Código postal46.172
AlcaldeManuel Civera Salvador (PSPV)
www.alcublas.es

Xeografía editar

Municipio situado na vertente sur da zona montañosa de ligazón entre a Serra Calderona e a Serra de Andilla, que separa as concas do Turia e o Palancia. O relevo do termo non é moi accidentado, caracterizándose pola existencia de "cuncas" e chairas rodeadas de cerros de mediana elevación. Esta característica permitiu a instalación dun aeródromo no Chairo da Balsa, en 1936. As principais alturas son Pedroso (878 m), Los Molinos (904 m), Verdinal (614 m) e La Solana (1.123 m).

O termo carece de correntes fluviais importantes, sendo a única a destacar a rambla de Alcublas, que logo dá orixe á rambla de Artaix. Na parte sur do termo hai montes cubertos de piñeirais; no resto hai pastos e monte baixo (romeu, espliego etc).

A vila está na cabeceira da rambla de Alcublas, nunha ampla "cunca" rodeada por varios cerros, moi próxima ao linde con Andilla. Accédese a esta localidade, dende Valencia, tomando a CV-35 ata enlazar coa CV-339 e logo continuar pola CV-245.

O termo municipal de Alcublas limita coas localidades de Andilla e Llíria pertencentes á provincia de Valencia, e Sacañet, Jérica e Altura na provincia de Castelló.

Demografía editar

Evolución demográfica
1990 1992 1994 1996 1998 2000 2002 2004 2005 2007 2008
914 859 858 837 857 854 835 794 796 829 842

Economía editar

Existen dentro do termo terreos dedicados a diversos cultivos: viñedos, cereais, oliveiras, amendoeiras e figueiras. O viño e o aceite son as principais producións. Pola abundancia de plantas aromáticas hai gran dedicación apícola, así como de obtención de esencia de espliego.

Patrimonio editar

  • Concello. Edificio do século XVII.
  • Los Molinos. Muíños onde antigamente se moía o gran, foron recentemente restaurados. Dende a montaña onde están situados pódese apreciar unha bela panorámica do pobo.

Festividades editar

  • Santo Antón Abade. Celébranse estas festas o 17 de xaneiro.
  • Romaría á Cova Santa. O primeiro sábado de maio ten lugar a romaría ao Santuario da Virxe da Cova Santa, distante 13 km do pobo, facendo a viaxe de ida e volta a pé gran número de romeus.
  • Festas en honra á Virxe da Saúde. Celébranse en agosto, normalmente entre a terceira e cuarta fin de semana do mes.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar