Alberto Seoane

xogador galego de tenis de mesa adaptado

Alberto Seoane Alcaraz, nado na Coruña o 29 de xuño de 1987, é un deportista galego de tenis de mesa adaptado.

Infotaula de personaAlberto Seoane
Biografía
Nacemento29 de xuño de 1987 Editar o valor em Wikidata (36 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade da Coruña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de pimpón , economista Editar o valor em Wikidata
Deportetenis de mesa Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Pacede a síndrome TAR polo que carece de cúbito e radio. Comezou a xogar a pimpón no Colexio Compañía de María da Coruña, onde estudaba, pasando despois a adestrar no Club do Mar de San Amaro, unha sociedade recreativa coruñesa.[1]

Compatibilizou o seu desempeño deportivo co estudo da licenciatura de Ciencias económicas na Universidade da Coruña, reprensentándoa nos campionatos interuniversitarios de España de 2008 e 2009 e nos Xogos Deportivos Galaico-Durienses de 2008.[2] Foi campión galego por equipos sub 23 en 2010 e dúas veces campión do mundo por equipos (en 2014 e 2017).[3][4] Clasificado para os Xogos Paralímpicos de Río en 2016 acadou dobre diploma paralímpico. Foi galardoado co Premio UDC Deportes en 2017, a decisión foi tomada por unanimidade polo xurado que valorou os "éxitos acadados durante a súa traxectoria deportiva e especialmente na preparación paralímpica".[5] En 2021, adestra no Centro de Alto Rendemento de Sant Cugat del Vallès. Ademais, combina a súa carreira deportiva con charlas en centros educativos e, dentro do programa CAR Speakers, a empresas sobre valores asociados ao deporte como o compromiso e a superación.[6][7] Tamén colabora con Teledeporte. En 2022, proclamouse campión de España en clase 6 de tenis de mesa adaptado.[8]

Palmarés editar

  • Campión individual clase 6 Spanish Open en 2018
  • Campión do mundo por equipos clase 6 en 2017
  • Dobre diploma paralímpico nos Xogos de Río en 2016
  • Campión individual clase 6 do Slovakia Open en 2014
  • Campión do mundo por equipos clase 7 en 2014
  • Campión galego por equipos sub 23 en 2010.

Notas editar

  1. González, Enrique (2020-03-03). "Alberto Seoane: “Entrar por primera vez a la Villa Olímpica fue como cuando estuve en Disneyland Paris”". www.gndiario.com (en castelán). Consultado o 2021-06-07. 
  2. "El coruñés Alberto Seoane, premio UDC Deportes 2017". La Voz de Galicia. 09-02-2018. Consultado o 7-6-2021. 
  3. "ALBERTO SEOANE CAMPIÓN DO MUNDO". www.fgtm.es. Consultado o 2021-06-07. 
  4. "Valera y Seoane, una pareja perfecta". Marca. 23-5-2017. Consultado o 7-6-2021. 
  5. "Acta do xurado do Premio UDC Deportes 2017" (PDF). UDC Deportes. Consultado o 7-6-2021. 
  6. "CAR´Speaker". albertoseoane.weboficial.net (en castelán). Consultado o 2021-06-07. 
  7. "CAR Speakers, deportistas de alto nivel que forman a ejecutivos". La Vanguardia (en castelán). 2017-10-28. Consultado o 2021-06-07. 
  8. REDACCIÓN (2022-07-13). "Alberto Seoane, campeón de España de la clase 6 antes de viajar a Tailandia". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2022-07-13. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar