Albert Ellis

psicólogo estadounidense que en 1955 desenvolveu a terapia racional emotiva condutual (Rational Emotive Behavior Therapy, REBT)

Albert Ellis, nado en Pittsburgh (Pensilvania) o 27 de setembro de 1913 e finado en Nova York o 24 de xullo de 2007, foi un psicólogo estadounidense que en 1955 desenvolveu a terapia racional emotiva condutual (Rational Emotive Behavior Therapy, REBT). Recibiu graos MA e PhD en psicoloxía clínica pola Universidade de Columbia e o American Board of Professional Psychology (ABPP). Tamén fundou e foi o presidente durante décadas do Instituto Albert Ellis de Nova York.[1] Está considerado un dos orixinadores do cambio do paradigma da revolución cognitiva en psicoterapia e un dos primeiros que propuxeron as terapias cognitivo-comportamentais.[2]

Infotaula de personaAlbert Ellis
Biografía
Nacemento27 de setembro de 1913 Editar o valor em Wikidata
Pittsburgh, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte24 de xullo de 2007 Editar o valor em Wikidata (93 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Insuficiencia renal Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCemiterio de Woodlawn Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Columbia
City College de Nova York
Universidade da Cidade de Nova York
Teachers College (en) Traducir
Baruch College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPsicoloxía clínica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbehaviour therapist (en) Traducir , educador sexual (pt) Traducir , cientista cognitivo (pt) Traducir , psicólogo , escritor de non ficción Editar o valor em Wikidata
MovementoEstoicismo, ateísmo e Humanismo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webalbertellis.info Editar o valor em Wikidata
WikiTree: Ellis-21472 Find a Grave: 20706656 Editar o valor em Wikidata

Segundo un estudo profesional de 1982 entre psicólogos dos Estados Unidos e o Canadá, foi considerado o segundo psicoterapeuta máis influente da historia (Carl Rogers foi o primeiro e Sigmund Freud o terceiro).[3][4] Psychology Today indicou que "ningún individuo, nin sequera o propio Freud tivo un maior impacto na psicoterapia moderna".[5]

Opinión política editar

Ellis foi un defensor da paz e opúxose ao militarismo.[6][7][8]

Obras autobiográficas editar

A maioría dos libros que escribiu Ellis despois da invención da REBT tiñan unha forte compoñente autobiográfica. Empregou anécdotas da súa vida persoal para explicar como se lle ocorreron as ideas da REBT e como o axudaron a facer fronte aos seus problemas persoais como a timidez, a ira e a doenza crónica.[9][10][11] Tamén utilizou anécdotas das sesións cos seus clientes para ilustrar como funcionaba a súa terapia.[10][12] Dous dos últimos libros de Ellis foron explicitamente autobiográficos. Rational-Emotive Behavior Therapy: It Works for Me -- It Can Work for You (2004) narra os seus primeiros anos e as súas crises dunha manera inhabitualmente sincera.[13] Conta a forma en que manexou os seus problemas, ao principio a través da filosofía e máis tarde a través da aplicación das súas novas habilidades terapéuticas e puntos de vista. All Out!: An Autobiography, publicado postumamente en 2009, é unha narración máis tradicional da súa vida e da súa obra, aínda que tamén pretende ser unha historia inspiradora sobre o uso do pensamento racional na autoaxuda.

Críticas editar

Algúns psicólogos criticaron a Ellis polo que describiron como un ton que podía parecer que culpaba a xente pola súa depresión e por non ofrecer ningunha evidencia para apoiar as súas opinións sobre psicoterapia.[14] No seu obituario en The Guardian, indicouse que outros, como Aaron T. Beck, dirixiron probas máis rigorosas que as quería emprender e puideron avanzar mellor na terapia cognitiva.[14] A súa achega ao tratamento da depresión severa tamén foi criticado por suxerir cousas simplistas como "levanta os teus calcetíns".[14]

Notas editar

  1. Albert Ellis Institute
  2. Knapp, Paulo; Beck, Aaron T. (2008). "Cognitive therapy: foundations, conceptual models, applications and research" (PDF). Revista Brasileira de Psiquiatria. 30(Suppl II): 54–64. PMID 19039445. doi:10.1590/s1516-44462008000600002. 
  3. New York Times: Despite Illness and Lawsuits, a Famed Psychotherapist Is Temporarily Back in Session December 16, 2006
  4. Smith, D. (1982). "Trends in counseling and psychotherapy". American Psychologist 37 (7): 802–809. PMID 7137698. doi:10.1037/0003-066X.37.7.802. 
  5. Epstein, R. (2001). "The Prince of Reason". Psychology Today.
  6. "Page No Longer Available - UC Irvine Libraries". www.lib.uci.edu. Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2015. Consultado o 4 de abril de 2018. 
  7. "1,493 Notable Peacemakers Throughout History". peace.maripo.com. Consultado o 4 de abril de 2018. 
  8. "Index". albert-ellis-friends.net. Consultado o 4 de abril de 2018. 
  9. Ellis, A. (2003) Ask Albert Ellis. Atascadero, CA: Impact Publishers
  10. 10,0 10,1 Ellis, A. (1994) Reason and Emotion is Psychotherapy. Nova York, NY: Citadel Press
  11. Ellis, A. (1998)Optimal Aging: Get Over Getting Older. Chicago, IL: Open Court Publishing Company
  12. Ellis, A. (1980) Growth Through Reason. Chatsworth CA: Wilshire Book Company
  13. Ellis, Albert (2009). «Rational Emotive Behavior Therapy: It Works for Me - It Can Work for You». ISBN 1-59102-184-7. 
  14. 14,0 14,1 14,2 Burkeman, Oliver (10 de agosto de 2007). "Obituary: Albert Ellis". the Guardian. Consultado o 4 de abril de 2018. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Albert Ellis. Theories of Personality: Critical Perspectives, con Mike Abrams, PhD, e Lidia Abrams, PhD. Nova York: Sage Press, 2008.
  • Edrita Fried (© 1951, 1961 by Albert Ellis), On Love and Sexuality, Nova York: Grove Press.
  • Emmett Velten. Under the Influence: Reflections of Albert Ellis in the Work of Others. See Sharp Press, 2007
  • Emmett Velten. Albert Ellis: American Revolutionary. See Sharp Press, 2009
  • Albert Ellis. Rational Emotive Behavior Therapy: It Works for Me – It Can Work for You by Albert Ellis. Prometheus Books, 2004
  • Joseph Yankura and Windy Dryden. Albert Ellis (Key Figures in Counselling and Psychotherapy series). Sage Publications, 1994

Ligazóns externas editar