Albae Sonus

agrupación coral galega


Albae Sonus é unha agrupación coral nada en outubro de 1995[1], inicialmente asentada no concello de Mugardos. Actualmente desenvolve a súa actividade no concello de Ferrol, nun local adquirido recentemente pola Asociación Cultural Albae Sonus, que dá soporte ao coro e a outras agrupacións como unha rondalla e un grupo de pulso e puga.

Albae Sonus
Tipocoro
Data de fundaciónoutubro de 1995
SedeFerrol
PaísGalicia
Na rede
Discogs: 7778214 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Practicamente dende a súa fundación está incluído nos circuítos culturais da Deputación da Coruña. Actuou xa en practicamente toda Galicia, así como diversos lugares de España e Portugal (Madrid, Salamanca, Coímbra, Lisboa, Porto), viaxes realizadas na súa maioría co gallo de intercambios con entidades corais desas cidades.

Organiza dende o ano 1999 o Ciclo de Polifonía Sacra Cidade de Ferrol, que xa tivo carácter internacional nalgunha ocasión e polo cal visitan a cidade de Ferrol coñecidas agrupacións corais de Galicia e o resto da península.

Entre os seus logros e actuacións máis destacadas están:

  • Finalista na VII, IX e X Mostra de corais Infantís e Xuvenís da Xunta de Galicia (non competitiva)
  • Finalista no Festival de Villancicos de Caixanova, anos 1998, 1999 e 2002 (non competitiva)
  • Gañador no XV e XVII Concurso de Panxoliñas Concello da Coruña (1999, 2001)
  • Finalista no IV Certame Coral Nacional "Villancicos de Molina" , decembro de 1999.
  • Finalista no V Certame Nacional de Canto Coral "Ciudad de Cieza", abril de 2000.
  • Co-gañador do I Día da Música Xove (Xunta de Galicia), xullo de 2000.
  • 2º Posto no II Certamen Gallego de Corales "Villa de Marín", xullo de 2000.
  • 3º Posto no IV Certamen Gallego de Corales "Villa de Marín", xullo de 2002
  • Participante na II, III, IV e V Mostra Galega de Corais Galicia Cantat.
  • Participante na Mostra de Corais galicia canta o Nadal nos anos 2000 e 2002.
  • 4º Posto no XXI certame Coral Internacional Villa de Avilés no ano 2004.

Notas editar

  1. "El coro Albae Sonus celebra en el Torrente su aniversario". La Voz de Galicia. 28 de outubro de 2005.