Alan Moore
Alan Moore, nado o 18 de novembro de 1953, en Northampton, Inglaterra, é un escritor británico coñecido polo seu traballo como creador e guionista de bandas deseñadas para adultos. As súas obras son consideradas obras mestras da novena arte. É coautor de obras clásicas do xénero como Watchmen, V de Vendetta e From Hell.
Alan Moore | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 18 de novembro de 1953 |
Lugar de nacemento | Northampton |
Nacionalidade | Reino Unido |
Alma máter | Northampton School for Boys |
Ocupación | guionista de cómics, novelista, escritor de ciencia ficción, xornalista de opinión, escritor, artista de banda deseñada, autor de cómics e ilustrador |
Cónxuxe | Melinda Gebbie |
Fillos | Leah Moore |
Coñecido por | Batman: The Killing Joke, The League of Extraordinary Gentlemen, Lost Girls, V for Vendetta, Voice of the Fire, Watchmen, From Hell, Top 10, Promethea, Neonomicon, Providence, Tom Strong e Monstro do Pântano |
Premios | Prometheus Award - Hall of Fame, Inkpot Award, Premio Sproing, Eisner Award para Best Writer, Eisner Award para Best Writer, Eisner Award para Best Writer, Eisner Award para Best Writer, Eisner Award para Best Writer, Eisner Award para Best Writer, Eisner Award para Best Writer, Eisner Award para Best Writer, Eisner Award para Best Writer, Will Eisner Hall of Fame, Eisner Award para Best Writer/Artist, Kirby Award for Best Writer, Kirby Award for Best Writer/Artist (single or team), Kirby Award for Best Writer, Kirby Award for Best Writer, Harvey Award for Best Writer, Harvey Award for Best Writer, Harvey Award for Best Writer, Harvey Award for Best Writer, Harvey Award for Best Writer, Harvey Award for Best Writer, Harvey Award for Best Writer e Hugo Award for Best Other Form |
Na rede | |
https://www.dodgemlogic.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
A infancia e adolescencia foron conturbadas, debido á influencia da pobreza do seu medio social e da familia. Cando era novo, foi expulsado dunha escola conservadora. Tal motivo fixo que outras escolas nas que Moore quería estudar non o aceptasen. Con 18 anos, estaba desempregado e sen ningunha formación profesional. Porén, Moore comezou a traballar na revista Embryo, un proxecto elaborado xunto cuns amigos seus. A súa convivencia na área fixo que se involucrase co Laboratorio de Artes de Northampton. Alí coñeceu a Phyllis, con quen casaría en 1974. Tivo dúas fillas con ela: Leah e Amber.
Alan Moore traballou en 1979 para a revista semanal musical Sounds. Como debuxante, escribiu e deseñou unha historia de detective chamada Roscoe Moscou, utilizando o pseudónimo "Curt Vile". Avaliando os seus traballos, Moore concluíu que non era un bo ilustrador, o que o fixo centrar o seu traballo en escribir historias.
As súas primeiras contribucións de ficción foron para o Doctor Who Weekly e o famoso título 2000 A.D., onde elaborou varias series populares, como "D.R. & Quinch", "A Balada de Halo Jones" e "SKIZZ".
En seguida, Alan traballou para revista británica Warrior. Nela comezou a escribir dúas importantes series en banda deseñada. V for Vendetta foi un conto sobre a loita dignidade e liberdade nunha Inglaterra dominada polo fascismo, e Marvelman, coñecido nos Estados Unidos como Miracleman. Ambas as series conferiron a Moore o título do mellor escritor de banda deseñada en 1982 e 1983 pola British Eagle Awards.
Moore e o cineEditar
Varios dos seus cómics máis emblemáticos foron levados ao cine. Os primeiros, From Hell e A liga dos cabaleiros extraordinarios (The League of Extraordinary Gentlemen), foron versionados en películas de Hollywood en 2001 e 2003, respectivamente. Ademais, outro filme, Constantine (2005), dirixido por Francis Lawrence, está baseado na personaxe John Constantine, creado por Moore para A saga da Cousa do Pantano. Moore, decepcionado polos resultados artísticos destas interpretacións, rexeitou recibir cartos por adaptacións futuras do seu traballo. Dende entón xurdiron dous filmes máis: o 17 de marzo de 2006 V de Vendetta, dirixida por James McTeigue e guionizada-producida polos Irmáns Watchowsky, e protagonizada por Natalie Portman e Hugo Weaving. Máis tarde, en 2009, estréase Watchmen, dirixida por Zack Snyder. Ámbalas dúas películas dividiron bastante tanto a críticos como a fans no tocante á súa valoración como obra cinematográfica e como adaptación. Moore, pola súa banda, rexeitou de pleno ámbalas dúas adaptacións por atopalas tremendamente mediocres.
Obras destacadasEditar
Etapa británica:
- Miracleman (1983-89)
- V de Vendetta (1981-1988)
Etapa estadounidense:
- A saga da Cousa do Pantano (1984-1987), cos debuxantes Stephen Bissette e John Totleben.
- Watchmen (1986-87)
- Brought to light (1989)
- From Hell (1989-99)
- A Small Killing (1991)
Dentro da súa liña America's Best Comics:
- A liga dos cabaleiros extraordinarios
- Tom Strong
- Promethea
- Top Ten
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alan Moore |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |