Hugo Weaving
actor británico
Hugo Wallace Weaving, nado o 4 de abril de 1960, é un actor anglo-australiano de cine e de teatro. El é máis coñecido polo seu papel como Axente Smith na triloxía The Matrix, e de Elrond na triloxía O Señor dos Aneis.
Hugo Weaving | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Hugo Wallace Weaving |
Nacemento | 4 de abril de 1960 |
Lugar | Ibadan |
Nacionalidade | Reino Unido |
Educado en | National Institute of Dramatic Art, Queen Elizabeth's Hospital e Charlton House, Wraxall |
Cónxuxe(s) | Katrina Greenwood |
Fillos | Harry Greenwood |
Profesión | actor, actor de dobraxe, actor de cinema, actor de teatro e actor de televisión |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
O seu primeiro papel importante foi na serie televisiva australiana Bodyline de 1984, como o xogador inglés de crícket Douglas Jardine. Weaving gañou fama internacional coa súa eficacia como o enigmático Axente Smith no filme de 1999 The Matrix. Máis tarde, el repetiu o papel nas secuelas do filme realizadas en 2003: The Matrix Reloaded e Matrix Revolutions.
Gañou moita atención popular no papel de Elrond na adaptación de Peter Jackson dos libros d'O Señor dos Aneis de J. R. R. Tolkien estreadas entre 2001 e 2003.