Al Capone
gángster estadounidense
Alphonse Gabriel Capone, máis coñecido como Al Capone, nado en Brooklyn, Nova York, o 17 de xaneiro de 1899 e finado en Miami o 25 de xaneiro de 1947, foi un famoso gángster estadounidense.
Al Capone | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Alphonse Gabriel Capone |
Nacemento | 17 de xaneiro de 1899 |
Brooklyn | |
Falecemento | 25 de xaneiro de 1947 |
Palm Island | |
Causa | broncopneumonia |
Soterrado | Mount Carmel Cemetery |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Relixión | catolicismo |
Cónxuxe | Mae Capone |
Fillos | Albert Francis "Sonny" Capone |
Irmáns | James Vincenzo Capone, Frank Capone e Ralph Capone |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Acadou enorme sona nas décadas de 1920 e 1930 pola súa actividade criminal, aínda que a súa tarxeta de visita dicía que era un vendedor de antigüidades. Capone comezou a súa carreira en Brooklyn antes de se trasladar a Chicago onde deveu a figura do crime máis importante da cidade. Contra finais dos anos 20, Al Capone xa estaba na lista dos "máis buscados" do FBI. A súa caída produciuse nos anos 30, cando foi encarcerado polo Goberno Federal dos Estados Unidos por evasión de impostos e enviado á prisión de Alcatraz. Morreu de pneumonía.
Véxase taménEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Al Capone |