Alófono (fonética)
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2024.) |
En fonética, chámanse alófono aqueles sons que ó seren conmutados (intercambiados o un polo outro) non provocan variacións no significado no ámbito do monema (ou da palabra), é dicir, non son pertinentes semanticamente.
Características
editarUn exemplo típico de alofonía en galego é o que existe entre as dúas realizacións do fonema /d/ na palabra "dado". Aínda que ámbolos dous se recoñecen normalmente como idénticos, e a ortografía identifícaos co mesmo carácter, presentan unha diferenza fonética considerable na fonación: a posición da punta da lingua no primeiro dos casos (o oclusivo sonoro escrito en AFI como [d]) atópase debaixo dos incisivos superiores, mentres que no segundo "d" (o fricativo [ð]) atópase detrás dos mesmos e xunto ao padal, co que permite a expulsión de aire polos costados da boca.
Este é un exemplo particular da alofonía das oclusivas sonoras ([b], [d] e [g]) coas fricativas ([β], [ð] y [ɣ]) en galego, en que as variacións no son -aínda que sexan tan grandes como as que existen entre outros fonos que si se opoñen fonoloxicamente- non alteran o significado da palabra en que están inseridas.
Outro exemplo: as vogais pódense nasalizar; é dicir, pronunciar expulsando o aire asemade pola boca e o nariz no canto de só pola boca; sen que por iso representen un fonema distinto. Noutros idiomas, pola contra, estas diferenzas si poden estar recoñecidas fonoloxicamente (como a que hai entre vogais orais e nasais no francés ou no guaraní).
Un último exemplo: En chinés mandarín, o [l] e o [r] (que corresponden aproximadamente aos sons de "polo" e "poro") son alófonos (non provocan variación no significado ó seren conmutados), mentres que o [r] se distingue de [ɹ] ("poro" / "porro"), en certas posicións que en galega hai alofonía.