Akrotiri, Santorini
Coordenadas: 36°21′5″N 25°24′13″L / 36.35139, -25.40361
Akrotiri é un sitio arqueolóxico da civilización minoica da Idade de Bronce na illa grega de Santorini (antigamente illa de Thera) a uns 100 km ó norte de Creta. Esta illa forma parte do arquipélago das Cíclades.


O lugar correspóndese cun asentamento que, tendo en conta os estilos das olas de barro e das pinturas murais atopadas nas escavacións, descubriuse que se remonta á civilización minoica. O sitio arqueolóxico debe ó seu nome á vila grega que se atopa nun outeiro achegado, mentres que o nome orixinal é descoñecido. As descubertas durante as escavacións, comezadas no ano 1967 por Spyridon Marinatos, chegaron á conclusión de que as pinturas murais dos seus edificios reflectían a vida real da poboación.[1]
O formidábel estado de conservación do lugar —semellante ó das ruínas romanas de Pompeia— débese ó feito de que foi cuberta polo piroclasto dunha erupción volcánica (a erupción minoica) ocorrida a metade do segundo milenio aC.[2]
NotasEditar
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Akrotiri, Santorini |