Akira Yoshizawa

artista xaponés

Akira Yoshizawa (吉澤 章 Yoshizawa Akira?), nado en Tochigi, o 14 de marzo de 1911, finado o 14 de marzo de 2005 en Tokio. Foi un notábel mestre do origami xaponés. Recoñéceselle ter elevado o origami dende a artesanía ou o pasatempo á condición artística, sendo polo tanto un dos "pais do origami".[1] De acordo a unha estimación propia de 1989, creara máis de 50 000 modelos, dos cales só uns poucos centos de deseños foron publicados nos seus dezaoito libros. Segundo a tradición máis pura do origami, para os seus deseños nunca empregou tesoiras, pegamento ou adornos adicionais ás figuras.

Akira Yoshizawa
Akira Yoshizawa.jpg
Nacemento14 de marzo de 1911
 Kaminokawa
Falecemento14 de marzo de 2005
 Toquio
Causapneumonía
NacionalidadeXapón
Ocupaciónartista
PremiosOrder of the Rising Sun, 5th class
editar datos en Wikidata ]
Figura realizada coa técnica de pregado húmido inventada por Yoshizawa.

Ó longo da súa carreira, Yoshizawa levou a cabo labores de embaixador cultural internacional do Xapón. En 1983, o emperador xaponés Hirohito otorgoulle a Orde do Sol Nacente, un das maiores honras que pode recibir un cidadán xaponés.

O 14 de marzo de 2012, Akira Yoshizawa foi homenaxeado por Google cun doodle conmemorativo do 101º aniversario do seu nacemento.[2]

NotasEditar