A Illa Akimiski (Akimiski Island) é a illa máis grande da Baía de James (área sueste da Baía de Hudson), Canadá, que forma parte da Rexión de Qikiqtaaluk do territorio de Nunavut.

Akimiski
Mapa da illa
Localización da illa
Situación
País Canadá
Provincias e territorios do CanadáNunavut
MarBaía de James, na Baía de Hudson
Coordenadas53°00′N 81°20′O / 53.000, -81.333Coordenadas: 53°00′N 81°20′O / 53.000, -81.333
Xeografía
Superficie3.001 km²
Longura máxima99´3 km.
Largura máxima40´7 km.
Perímetro261 km.
Punto máis alto34 m.
Demografía
PoboaciónDeshabitada

Xeografía editar

Ten unha superficie de 3.001 km² , o que a fai ocupar o lugar 164ª do mundo e 29ª do Canadá.

A illa está deshabitada, só edificacións para científicos e funcionarios do Santuario de Paxaros Migratorios da Illa Akimiski, establecido en 1941. A superficie de Akimiski é plana, con ladeiras orientadas gradualmente cara ao norte. A maior parte da vexetación que cobre a illa componse de líquens, brións, herbas Cyperaceaes e abetos negros ananos. A metade oriental da illa é un santuario de aves migratorias. A illa é unha zona húmida costeira que inclúe marismas, pantanos de marea, e marismas de marea. Algúns arroios de auga doce que desembocan no suroeste da Baía de James levan como sedimentos abundantes nutrientes que axudan a manter o produtivo hábitat das aves acuáticas ao redor da Illa Akimiski.

Natureza editar

A Illa Akimiski é o fogar dun dos Santuarios de Aves Migratorias.Véxase lista de aves do parque en: [1][Ligazón morta] As augas costeiras e as zonas húmidas de Illa Akimiski (e da Baía de James, en xeral) son importantes áreas de alimentación para moitas variedades de aves migratorias. A Baía de James e a Baía de Hudson teñen forma de embude e iso é a causa de que a migración de aves desde o Ártico tenda a concentrarse neste ámbito. Durante a migración do outono, existe unha abundancia de aves, tanto adultas como novas. Na primavera, as aves tenden a residir nas zonas meridionais da Baía de James ata a sección norte en desxeo. O Grupo da Illa Akimiski inclúe as illas de Akimiski, Gasket e illas Gullery; Albert Shoal e as illas do Estreito de Akimiski.

Bibliografía editar

  • Blaney, C S, e P M Kotanen. 2001. "Articles - The Vascular Flora of Akimiski Island, Nunavut Territory, Canada". The Canadian Field-Naturalist. 115, no. 1: 88.
  • Hill, Michael Robert John. Factors Influencing Pre- and Post-Fledging Growth and Survival of Canada Goose Goslings on Akimiski Island, Nunavut. Ottawa: National Library of Canada = Bibliothèque nationale du Canada, 2000. ISBN 0612425274
  • Martini, I. P. Sedimentary Geology of Akimiski Island, Canada. Sedimentary geology, v. 37, no. 4. Amsterdam: Elsevier, 1984.

Ligazóns externas editar