Airdeconut de Northumbria

Rei de Northumbria
(Redirección desde «Airdeconut»)

Airdeconut foi rei da Northumbria conquistada polos viquingos, chamada Jórvik, do 900 ao 902, datas deducidas polas moedas atopadas.

Infotaula de personaAirdeconut de Northumbria
Biografía
Rei de Northumbria
900 – 902
← Cnut de NorthumbriaEowils e Halfdan → Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata

Moedas atopadas editar

No ano 2011 foi atopado un tesouro de moedas e xoias antigas en Silverdale, Lancashire. Unha das moedas tiña a inscrición AIRDECONUT por un lado e polo outro as letras DNS (unha abreviatura de DOMINVS) REX[1]. DOMINVS REX é unha expresión latina que pode ser traducido por "señor e rei"[2]. Os expertos do Museo Británico dixeron que a palabra Airdeconut debe ser unha forma do nome nórdico Harthacnut. De acordo con estes expertos, tendo en conta o deseño da moeda, está relacionada coas que se atoparon coas inscricións dos reis Siefredus e Cnut, que gobernaron o mesmo territorio conxuntamente entre 895 e 905[3]. A moeda suxire que Airdeconut foi un rei cristián, xa que aparece nela unha cruz no reverso, xunto con DNS REX.

Esta moeda é a única peza que proba a existencia dun gobernante de Northumbria chamado Harthacnut[4]. Segundo Gareth Williams, responsable das moedas medievais máis antigas do museo, había máis de cincuenta anos que non se descubría a existencia dun rei medieval dos que gobernaron no territorio de Gran Bretaña; anteriormente nun tesouro atopado en 1840, descubríranse outros dous reis de orixe nórdica.

Contexto histórico editar

É probábel que Airdeconut fose un dos varios reis que compartiron o poder durante a época da Northumbria conquistada polos viquingos no inicio do século X[5]. Este período caracterizouse pola inestabilidade política, os gobernantes viquingos de Dublín foron expulsados no 902 e algúns deles foron á illa de Gran Bretaña, onde os reinos anglosaxóns comezaban a se uniren para formar o reino de Inglaterra[6]. Algúns deles chegaron ao trono de Jórvik[7]. Houbo moitas batallas dos anglosaxóns de Mercia e Wessex contra os viquingos establecidos en Northumbria e en Anglia Oriental. Todo culminou coa batalla de Tettenhall en 910, cando un exército combinado de Wessex e Mercia derrotou os viquingos e na que morreron algúns dos reis de Northumbria, entre os que estaban Eowils e Halfdan[8][9].

Notas editar

  1. Maev Kenedy The Guardian, 14-12-2011 [Consulta: 5 xullo 2017].
  2. David Wilkes «Viking silver unearthed in England». Independent, 15-12-2011 [Consulta: 5 xullo 2017].
  3. Andrew Hough «Viking hoard provides new clues to 'previously unknown ruler'». The Telegraph, 15-12-2011 [Consulta: 5 xullo 2017].
  4. Ian Richardson British Museum, 14-12-2011 [Consulta: 5 xullo 2017].
  5. Jack Malvern «Metal detector forager discovers Viking hoard of silver in Lancashire field». The Australian [Consulta: 5 xullo 2017].
  6. Robin et al., p. 33.
  7. Cannon & Hargreaves 2009, p. 63–68.
  8. Cannon & Hargreaves 2009, p. 65.
  9. Downham 2007, p. 87—89.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar