Aguia rapaz

Aguia rapaz
2012-tawny-eagle-0.jpg
No Parque Nacional Etosha
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Falconiformes
Familia: Accipitridae
Xénero: 'Aquila'
Especie: A. rapax
Nome binomial
'Aquila rapax'
(Temminck, 1828)
Sinonimia

Aquila rapax rapax

A aguia rapaz[2] (Aquila rapax), é unha ave de rapina de tamaño grande, de aspecto externo moi semellante ó da Aquila nipalensis.

DescriciónEditar

Miden entre 62 e 72 cm de lonxitude, cunha envergadura de alas de entre 165 e 185 cm. O seu cor varia entre diversos matices do castaño, máis leonado na parte inferior e con plumas anegradas na cola e as alas. A parte inferior do lombo é moi pálida. Son algo máis pequenas e pálidas cá Aquila nipalensis da que se diferencian ademais por carecer de tons pálidos na gorxa. As aves inmaturas teñen a plumaxe menos contrastada cós adultos, aínda que amosan unha grande variedade de tons.

A súa chamada característica recorda algo a do corvo, pero son en xeral aves silenciosas, agás durante o cortexo.

ClasificaciónEditar

A aguia rapaz foi considerada coma a unha especie única coa Aquila nipalensis. Foron separadas en especies distintas a raíz de estudios que amosaron claras diferenzas anatómicas e morfolóxicas (Clark, 1992; Olson, 1994; Sangsteret al., 2002) e grazas ás análises moleculares amosan que non son mesmo parentes moi próximos.

Distribución e hábitatEditar

Crían na maior parte de África, ó norte e ó sur do Sahara, e no suroeste tropical de Asia ata á India. Ö longo de toda a súa distribución prefiren biótopos secos e abertos coma estepas, sabanas, desertos e semidesertos

BioloxíaEditar

Poñen dun a tres ovos nun niño de cotelos feito nas árbores, nun acantilado ou no chan. A súa dieta componse basicamente de calaza, por ben que tamén cazan mamíferos de ata o talle dun coello, réptiles e aves da ata o talle dunha galiña de Guinea. Ocasionalmente rouban as presas doutras aves de rapina.

GaleríaEditar

NotasEditar

  1. BirdLife International (2013). "Aquila rapax". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 
  2. Conde Teira, Miguel Ángel (1999). Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada. Chioglossa. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Clark, W. S. (1992): "The taxonomy of Steppe and Tawny Eagles, with criteria for separation of museum specimens and live eagles". Bulletin of the British Ornithologists 112: 150–157.
  • Olson, Storrs L. (1994): "Cranial osteology of Tawny and Steppe Eagles Aquila rapax and A. nipalensis". Bulletin of the British Ornithologists' Club 114: 264–267.
  • Sangster, George; Knox, Alan G.; Helbig, Andreas J. & Parkin, David T. (2002): "Taxonomic recommendations for European birds". Ibis 144(1): 153–159. PDF fulltext
  • Aguia rapaz na Lista vermella de especies ameazadas da IUCN