Agrupación Nacional
A Agrupación Nacional (en francés, Rassemblement national, RN) —denominado ata 2018 Fronte Nacional (FN) (en francés, Front national)— é un partido político francés de extrema dereita[1] que se define como dereita nacionalista, populista e soberanista.
Agrupación Nacional Rassemblement national | |
---|---|
Dirixentes e organización | |
Líder | Marine Le Pen |
Mocidades | Génération Nation |
Historia | |
Fundación | 5 de outubro de 1972 |
Representación | |
Asemblea Nacional | 7 / 577 |
Senado | 1 / 348 |
Parlamento Europeo | 30 / 81 |
Outros datos | |
Sede | Nanterre, Francia |
Na rede | |
rassemblementnational.fr | |
Presidencia do RN
editarA presidencia estivo en mans do seu fundador Jean-Marie Le Pen desde 1972 ata 2011, ano en que foi substituído pola súa filla Marine Le Pen.[2]
Poder do RN
editarÉ o primeiro partido en voto obreiro de Francia, con dous terzos dos seus votantes procedentes do Partido Comunista de Francia e do Partido Socialista. É por iso que se o considera un partido transversal, con ideas de dereita e esquerda e con votantes de ambo-los dous espectros políticos.
Durante os anos 90 e a primeira década do século XXI, a Fronte Nacional foi o terceiro partido político francés, tralo de centro-dereita (UMP) e o de centro-esquerda (Partido Socialista).
Nas presidenciais de 2002, o candidato do partido Jean-Marie Le Pen pasou á segunda volta, deixando fóra o candidato do Partido Socialista, e competiu contra o candidato da UMP, Jacques Chirac, daquela presidente. Nesa votación, Le Pen tan só acadou o 17,8% dos votos. Nas seguintes dúas eleccións presidenciais, a FN non atangueu a segunda volta. En 2017, a candidata Marine Le Pen foi a segunda máis votada, atrás de Emmanuel Macron, perante quen caeu na segunda volta cun 33,9% de apoio, o mellor resultado do partido ata a data.
En 2005, a FN fixo campaña polo non no referendo sobre o Tratado que establece unha constitución para Europa, que venceu por un 55%, fronte ao 45% do si. Comunistas e boa parte dos socialistas tamén apoiaron o voto en contra.
Nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 e 2019 foi o partido máis votado en Francia. Na Eurocámara, o RN está integrado no grupo parlamentario Identidade e Democracia, canda outros partidos euroescépticos e nacionalistas de dereitas. Tamén foi o máis votado nas Eleccións europeas de 2024, con algo máis do 31% dos votos.[3]
Notas
editar- ↑ Karapin et al.
- ↑ Marine Le Pen, la nueva líder del Frente Nacional. ABC, 15 de xaneiro de 2011.
- ↑ "Francia. Resultados por partido político nacional - 2024-2029". results.elections.europa.eu (en castelán). 10 de xuño de 2024. Consultado o 2 de xullo de 2024.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Agrupación Nacional |