Afonso de Brienne

aristócrata francés

Afonso de Brienne, chamado de Acre, nado en Acre sobre 1227 e finado o 25 de agosto de 1270 en Tunes, foi un nobre francés do Antigo Réxime, Gran chambelán de Francia, conde de Eu e vizconde de Cyrel[1].

Infotaula de personaAfonso de Brienne
Nome orixinal(fr) Alphonse de Brienne Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1227 Editar o valor em Wikidata
Acre Editar o valor em Wikidata
Morte25 de agosto de 1270 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (42/43 anos)
Tunes Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de Saint-Denis Editar o valor em Wikidata
Grand Chamberman of France (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónaristócrata Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoSétima Cruzada (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloConde Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Brienne (pt) Traducir e House of Brienne (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeMarie of Lusignan, Countess of Eu (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosRaoul d'Eu (en) Traducir, Margaret d'Eu (en) Traducir, João I de Brienne, conde d'Eu (pt) Traducir, Blanche d'Eu (en) Traducir, Isabeau de Brienne (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisXoán de Brienne Editar o valor em Wikidata  e Berengária de Leão (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsJohn II of Brienne (pt) Traducir, Luís de Brienne (pt) Traducir, Iolanda de Xerusalén e María de Brienne Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Brienne-33

Traxectoria editar

Nado sobre 1227 de Xoán de Brienne, rei de Xerusalén, e de Berenguela de León[2], Afonso de Brienne casou sobre 1250 con María de Lusignan, filla de Raúl II de Lusignan, señor de Issoudun, con quen tería dous nenos: Xoán II de Brienne (1250-1294), conde de Eu[3], e Branca de Brienne (falecida o 15 de xullo de 1309), abadesa de Maubuisson.

En 1265, foi en axuda do seu curmán Afonso X, rei de Castela, na súa loita contra os mouros do norte de África. Aí amosou moita valentía e defendeu con éxito os territorios cristiáns, o que valeu unha mensaxe de felicitación do papa Clemente IV[4].

Acompañou logo a Lois IX de Francia durante a Oitava Cruzada, contraendo, do mesmo xeito que o rei, a disentería (ou a febre tifoidea), e morreu o 25 de agosto de 1270.

O seu corpo foi levado a Francia, onde foi enterrado na basílica de Saint-Denis.

Notas editar

  1. Durante a Oitava Cruzada.
  2. M. A. Pollock, Scotland, England and France After the Loss of Normandy, 1204-1296, (The Boydell Press, 2015), 145.
  3. M. A. Pollock, Scotland, England and France After the Loss of Normandy, 1204-1296, 252.
  4. Louis-Sébastien Le Nain de Tillemont, Vie de Saint Louis, Roi de France, 1848.