María de Brienne

política francesa

María de Brienne, nada en Xerusalén sobre 1225 e finada en Nápoles en 1275, foi a emperatriz consorte de Balduíno II de Courtenay, emperador latino de Constantinopla.

Modelo:BiografíaMaría de Brienne

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Marie de Brienne Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1224 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Xerusalén Editar o valor en Wikidata
Morte1275 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (50/51 anos)
Nápoles, Italia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaAsís Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaHouse of Brienne (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeBalduíno II de Constantinopla (1229 (Gregoriano)–) Editar o valor en Wikidata
FillosFilipe de Courtenay Editar o valor en Wikidata
PaisXoán de Brienne Editar o valor en Wikidata  e Berengária de Leão Editar o valor en Wikidata
IrmánsIolanda de Xerusalén
John II of Brienne
Afonso de Brienne
Luís de Brienne Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Brienne-34

Traxectoria

editar

Familia

editar

Foi filla de Xoán de Brienne e a súa terceira esposa Berenguela de León. María foi a máis nova media irmá paterna de Iolanda de Xerusalén. Tamén foi a irmá de Afonso de Brienne.

Os seus avós maternos foron Afonso VIII de León e Galicia e a súa segunda esposa Berenguela de León e Castela.

Matrimonio

editar

O 19 de abril de 1229, María foi comprometida con Balduíno II, o mozo cogobernante do seu pai no trono do Imperio latino. O matrimonio tiña a intención de establecer unha alianza dinástica entre os dous cogobernantes. María tiña un máximo de catro anos de idade no momento do seu compromiso, os seus pais casaron en 1224.

O seu matrimonio realizouse en 1234. A noiva estaba a piques de cumprir os nove anos de idade, o noivo dezasete anos. Polo seu matrimonio María converteuse na primeira coemperatriz nova do Imperio latino. A maior era a súa nai. O seu matrimonio foi rexistrado na crónica de Alberic de Trois-Fontaines.

Emperatriz

editar

En 1236, Constantinopla foi sitiada polas forzas combinadas de Iván Asen II de Bulgaria e Xoán III Ducas Vatatzés do Imperio de Nicea. A cidade foi defendida pola súa pequena gornición de cabaleiros, a frota da República de Venecia e unha forza menor enviada por Godofredo II de Villehardouin, príncipe de Acaia para reforzar a defensa. A cidade salvouse unicamente da conquista porque houbo unha pelexa entre os dous aliados sobre quen había recibir o mando da cidade en caso de que fose un éxito. John V. A. Fine suxeriu que Iván Asen se deu de conta da gran ameaza que supoñía para o Segundo Imperio búlgaro a expansión de Nicea en lugar do debilitado Imperio latino[1].

En calquera caso, Xoán de Brienne tomara o mando da defensa de Constantinopla. Balduíno II emprendeu outra misión, dirixirse a Europa occidental nun intento de recadar os fondos e o recrutamento de forzas armadas necesarias para asegurar a supervivencia do seu imperio[1]. Xoán morreu o 27 de marzo de 1237, Berenguela seguiuno despois o 12 de abril[2][3]. María de doce anos de idade, foi deixada ao mando nominal da cidade, como a única representante da familia imperial presente nela. Balduíno non volvería até xullo de 1239[4].

Balduíno volveu á cabeza dunha forza de cruzados de Europa occidental, diversamente estimada para incluír tan só trinta mil hombres, ou ata sesenta mil. A esta forza uníuselle un continxente de cumanos, que, combinados, cercaron Tzirallon, un bastión niceno en Tracia. A cidade caeu en 1240, pero isto parece ter sido o único éxito desta forza. Non volven ser mencionados despois. John V. A. Fine presume que a maioría deles regresaron aos seus fogares a Europa occidental, só uns poucos deles se incorporaron á gornición existente de Constantinopla. Polo momento, o Imperio latino asegurara a súa supervivencia. María tiña aproximadamente quince anos de idade no momento no que o seu marido regresou á súa capital.

O 15 de abril de 1240 (Pascua), Balduíno II foi coroado emperador en Santa Sofía. O seu único fillo coñecido, Filipe de Courtenay, naceu en 1243. Con todo, este período de relativa paz para a parella non durou moito. Balduíno partiu para Francia a finais de 1243, coa intención de buscar o apoio de Lois IX de Francia. Na súa ausencia, María converteuse en rexente do Imperio, con Filipe de Toucy como o seu primeiro correxente. Filipe era fillo de Narjot de Toucy e a súa primeira esposa. A súa nai era filla de Teodoro Branas e Inés de Francia[5]. Balduíno estivo ausente durante varios anos, primeiro a súa estancia en Francia e logo uníndose a Lois IX na Sétima Cruzada. Segundo os informes, só regresou en 1257 ou 1258, posibelmente despois da morte de Teodoro II Láscaris.

Caída de Constantinopla

editar

A parella imperial non sostería a súa capital por moito tempo. En xullo de 1261, Aleixo Estrategópulos, un xeneral niceno, foi enviado cunha pequena forza de avance de 800 soldados, a maioría deles cumanos, para manter unha vixilancia sobre os búlgaros e espiar as defensas dos latinos[6][7]. Cando a forza bizantina chegou á vila de Selimbria, souberon dos campesiños locais (thelematarioi) que toda a gornición latina, e a frota veneciana, estaba ausante para realizar un ataque contra a illa nicena de Dafnusia[8]. Aínda que nun principio vacilou, tanto polo pequeno tamaño da súa forza, que podería ser fatal se o exército latino regresaba, como que non quería exceder as súas ordes, Estrategópulos finalmente decidiu non perder esa oportunidade de ouro para recuperar a cidade.

Na noite do 25 de xullo de 1261, Aleixo e os seus homes aproximáronse ás murallas da cidade e escondéronse nun mosteiro preto da Porta de Pege. Aleixo enviou un destacamento dos seus homes, que, dirixidos por algúns dos thelematarioi, se dirixiron á cidade a través dun pasadizo secreto. Atacaron os muros do interior, sorprenderon aos gardas e abriron a porta, permitindo a entrada da forza bizantina na cidade. Os latinos foron tomados completamente por sorpresa, e despois dalgúns combates, a forza bizantina tomou o control das murallas terrestres. Temendo exactamente a vinganza dos bizantinos sobre eles, os habitantes latinos, desde o emperador Balduíno II ata o último, correron apresuradamente cara ao porto coa esperanza de escaparen nun barco. Grazas ao oportuno regreso da frota veneciana, foron evacuados, pero a cidade perdérase para sempre. María presumibelmente deu fuxido co seu marido.

Exilio

editar

Un barco veneciano levou a Balduíno e María cara a Eubea, desde alí continuaron até Atenas, Apulia e logo regresaron a Francia. Nos anos seguintes sobreviviron vendendo os seus dereitos de varios títulos secundarios e terras.

O 26 de marzo de 1263, os seus dereitos en Namur foron comprados por Guido de Dampierre[9]. Namur estaba realmente nese momento en mans de Henrique V de Luxemburgo pero Guido exitosamente logrou conquistalo en 1268. En xaneiro de 1266, os seus dereitos sobre o reino de Tesalónica foron comprados por Hugo IV de Borgoña por 13.000 libras tornesas[10]. Nese momento a cidade estaba baixo o mando de Miguel VIII Paleólogo, emperador niceno que trasladou a súa capital a Constantinopla, mentres que o título foi reclamado tamén por Guillerme VII de Montferrato.

O 27 de maio de 1267, o Tratado de Viterbo transferiu gran parte dos dereitos dos feudos do Imperio latino de Balduíno II a Carlos de Anjou[11]. Carlos foi confirmado en posesión de Corfú e algunhas cidades en Albania. Tamén recibiu a soberanía sobre o Principado de Acaia e a soberanía das illas do Exeo, con excepción daquelas que estaban en poder de Venecia e Lesbos, Quíos, Samos, e Amorgos.

Balduíno e María pasaron o resto da súa vida na corte de Carlos. En outubro de 1273, Balduíno morreu en Nápoles. María sobreviviuno uns dous anos. Foi enterrada en Asís.

  1. 1,0 1,1 John V.A. Fine, Jr., The Late Medieval Balkans (1987), páxina 130
  2. Alberic of Trois-Fontaines, Chronica Albrici Monachi Trium Fontium, MGH SS XXIII
  3. Obituaires de Sens Tome I.2 of the Abbey de Maubuisson, p. 655
  4. John V.A. Fine, Jr., The Late Medieval Balkans (1987), páxina 132
  5. "Charles Cawley "Narjot de Toucy"". agosto 2012. 
  6. Bartusis, Mark C. The Late Byzantine Army: Arms and Society, 1204–1453 (1997), p. 27.
  7. Nicol, Donald M. The Last Centuries of Byzantium 1261–1453 (1993), p. 34.
  8. Bartusis, Mark C. The Late Byzantine Army: Arms and Society, 1204–1453 (1997) (1997), p. 40.
  9. Kerrebrouck, Patrick van, "Les Capétiens" (2000), p. 462.
  10. Mihail-Dimitri Sturdza, Dictionnaire historique et Généalogique des grandes familles de Grèce, d'Albanie et de Constantinople (1983), p. 489.
  11. John V.A. Fine, Jr., The Late Medieval Balkans (1987), page 170

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar