Afonso Fernandez Cebolhilha

Trobador de século XIII

Afonso Fernandez Cebolhilha (o Cebollilla) foi un trobador castelán do século XIII[1]

Infotaula de personaAfonso Fernandez Cebolhilha
Biografía
Nacementoséculo XIII Editar o valor em Wikidata
Reino de Castela Editar o valor em Wikidata
Morteséculo XIV Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Castela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntrobador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galego-portuguesa Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Identifícaselle como nobre sevillano, da familia dos Cebollilla, documentado como vasalo do nobre Alfonso Pérez de Guzmán, ao que acompañou no seu exilio por terras marroquís a finais do século XIII.[2]

A súa actividade poética sitúase no reinado de Sancho IV e tivo relacións literarias con outros trobadores da lírica galego-portuguesa como: Airas Nunes, Gómez García, Johan Vasquiz de Talaveira e Pai Gómez Chariño entre outros.[1]

Obra editar

Consérvanse sete cantigas de amor, das cales cinco son de dubidosa autoría.[3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Biografía". bernal.cirp.gal. Consultado o 12 de abril de 2021. 
  2. "Afonso Fernandes Cebolhilha - Todas as cantigas". Cantigas Medievais Galego-Portuguesas (en portugués). 2012. Consultado o 12 de abril de 2021. 
  3. "Afonso Fernandes Cebolhilha - Todas as cantigas". Cantigas Medievais Galego-Portuguesas (en portugués). 2012. Consultado o 12 de abril de 2021.